O NOVO DE 'A COMPAÑÍA DO RUÍDO'
EN BARCO!
Gran
festa na ría de Arousa para a presentación de 'Pensares galegos'
O
próximo día 23 de marzo un catamarán levará o son dos 'Pensares
galegos' por toda a ría de Arousa. Así decidiu A Compañía do
Ruído presentar o seu último disco, mais non só previron iso,
senón que un menú a bordo con produtos locais e máis actuacións e
performances en directo completarán unha xornada cultural diferente
que se converterá nunha nova edición da Festa da Chuvia.
Tal
e como afirma o líder da banda ribeirense, Suso Bello, “somos
xente do mar e é algo que temos preto, enchemos de lixo e quitamos
peixe, xa é hora de lle dar algo”. Con esa filosofía como base, a
nova edición da Festa da Chuvia vai acoller a presentación do sexto
disco da Compañía do Ruído, 'Pensares galegos'.
Cun
palco movedizo como escenario e a Ría como praza, unha ruta en barco
de 8 horas acollerá desde a presentación do disco a varios grupos
de animación musical, tales como Ce Orquestra, a Magnifique Band dos
Homes sen Medo, O Leo e Arremecághona, performances a cargo de De
Botero a Bo Derek, exposicións e o xantar no que poder degustar
produtos chegados desde a lonxa de Ribeira ou doces marroquís para a
sobremesa.
“Vémonos
nos mares”
Esta
edición da 'Festa da chuvia' “organizámola para presentar o
disco”, afirma a Compañía. Se ben, a primeira tivo lugar 10 anos
atrás “para pagar abogados que nos defendesen por tocar na rúa”.
Desde aquela, cada ano buscaron grupos para tocar e “toda Ribeira
está implicada”, indican. Desde o venres 22 ata o domingo 24 os
bares van poñer tapas, contratar grupos de animación, e “durante
tres días, mar e monte uniranse para reivindicar a cultura e as
tradicións”, conclúen desde a banda.
Para
poder asistir a este concerto de presentación xa están todas as
entradas vendidas. “Nun só día esgotáronse”. A este éxito de
vendas súmase o tempo récord no que o grupo conseguiu os 2.200
euros necesarios para a gravación do disco a través de Verkami. 'A
compañía do ruído' agradece a “enorme” acollida deste
proxecto, que por outro lado responde aos moitos anos de traballo a
prol da cultura destes seis galegos que compoñen o grupo.
“Bótalle
un ron Collins, Llon!”
Este sexto disco da Compañía do Ruído inclúe 9 temas novos ademais de algúns cantares tradicionais e versións de Zënzar e os Diplomáticos de Montealto, ou os JJJ (grupo de Ribeira dos anos 80), así como outras pezas que o grupo foi compoñendo durante os seus 10 anos de traxectoria. En total, 14 temas nos que poder atopar a esencia deste grupo galego xa consagrado.
Este sexto disco da Compañía do Ruído inclúe 9 temas novos ademais de algúns cantares tradicionais e versións de Zënzar e os Diplomáticos de Montealto, ou os JJJ (grupo de Ribeira dos anos 80), así como outras pezas que o grupo foi compoñendo durante os seus 10 anos de traxectoria. En total, 14 temas nos que poder atopar a esencia deste grupo galego xa consagrado.
En
'Pensares galegos' poderemos escoitar desde a historia do ron
Collins, ou como os piratas cubanos botaban limón ao ron para curar
a gota ou as reflexións de Ventura 'O Fedello' que cantaba "al
crusar el río, aquí te espero" nunha versión daquel tema dos
'Tam Tam Go', entre outras.
“Estamos
fortes”
Tal
e como afirman desde o grupo, “Estamos fortes, temos confianza na
formación e ganas de facer directos este verán”. Sen dúbida, a
banda atópase nun momento de forma extraordinario. Cun repertorio
renovado e unha proposta artística cada vez máis demandada por
festivais e outras programacións, a Compañía do Ruído prepárase
para afrontar un verán cheo de concertos da man de Culturactiva SCG,
a súa produtora.