BANDA BAILE ASALTO BANDA BAILE ASALTO


BANDA BAILE ASALTO 2013
Prólogo do disco (Manolo Maseda)

Escoitando este disco, venme ao maxín que aínda non hai ben dous anos que chamei ao gaiteiro de Tenorio para que me fixera un favor.
O asalto tratábase de buscar unha banda para ir tocar á terra do vento, onde abalan as pedras, para facer un gran. Non podía ser doutro xeito, como bo gaiteiro e amigo, contestou; dáme 5 minutos.
E así foi, xusto o tempo que precisaron estes rapaces para montar o xermolo deste proxecto musical que hoxe tendes nas mans.

Un camiño duro, intenso e cheo de adicación -dou fe de ateo- ao que lle auguro un futuro moi prometedor.
A Banda Baile Asalto é para min unha viaxe sonora á que nos convidan xenerosamente estes "bandidos". Un imaxinario musical que eclosiona con forza xa no primeiro tema e que, ao longo da escoita do disco, nos fará empaparnos de harmonías e ritmos co que pintan un cadro cheo de matices.Melodías de cores primarias que nos propoñen unha viaxe imaxinaria polos verdes soutos do Courel, pasando polos azuis intensos do ceo de Pontevedra e do río Besós -ou das famosas blue notes- e como non, sen esquecernos da cor da paixón aportada pola do vermello da bandeira Lituana. Unha xenial combinación de esencias que traspasan a tricromía sensorial humana para facernos sentir outras mesturas, novas cores coa súa particular paleta musical.
A maiores a tímbrica da banda, xa de por si xenerosa, increméntase ate o infinito co grande elenco de artistas convidados/as. Amizades boas e xenerosas, ao fin e ao cabo, que nos agasallan coa súa maxia e complicidade. Gosto do disco e gosto do nome, pois -nos tempos que corren- que unha banda
se chame "Baile Asalto" xa é de agradecer.
Obrigado pois polo agasallo sonoro compañeiros, apertas e seguimos komunikando e asaltando bailes.

"Temas de festa e de baile, tirados da tradición mais mesturados con metais, guitarras, batería e toques de jazz. Cos seus seis membros repartidos entre Pontevedra e Vigo, Banda Baile Asalto presenta o seu primeiro disco, homónimo do grupo. Gravado nos estudos composteláns A Ponte, en grande medida ao vivo, o CD achega dez temas mais un bonus e conta con colaboracións como as de Eliseo Parra, Uxía Senlle ou Rodrigo Romaní entre outros. O grupo está a desenvolver unha xira de presentación que pasou xa por Compostela, Boiro ou Vigo."culturagalega.org



Para escoitar BANDA BAILE ASALTO
preme eiqui






Son:
Javier Rabanal (Baixo Eléctrico),
Franc Gorriz (Batería), 
Sarunas Pupelis (Saxofón Alto e Soprano) 
Samuel Macía (Bouzuqui) 
Jaime Rebollo (Zanfona electroacústica, 
requinta e saxofón) 
Miguel Fraguas (gaitas e low whistle)
 
Este grupo "Pontevedrés" nado en Xuño de 2011 , co gallo da súa participación no 
Vl Festival Folc de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de acadar a 
interacción co público, Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre , desenfadado e 
aliñado polo toque persoal de  cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa
proposta.
 
 
Un proxecto froito das inquedanzas de 
seis músicos de diferentes estilos, na 
percura dunha linguaxe "única". Ademáis 
dun profundo coñecemento sobor da música 
tradicional galega , unha particular 
visión artística, e o seu gusto e 
coñecemento polas músicas doutros países
e estilos, fai que a Banda se converta 
nun proxecto apetecibel e inetiquetabel: 
música do mundo feita no noso país!!!
Este elenco de músicos de dilatada 
experiencia, etán sempre dispostos a 
vos facer  bailar!!
 













musica en galego banda baile asalto
musicaengalego banda baile asalto