Trala
gravación en audio
e vídeo do concerto celebrado o 22 de marzo no Auditorio da Fundación Autor de Santiago de Compostela,
Narf está de novo en
ruta para incorporarse hoxe, luns, aos ensaios da Queima do Xudas de Tondela
(Portugal).
Como
cada Semana Santa desde hai 15 anos, Fran Pérez NARF viaxa a terras de Tondela como
compositor e
responsable musical do macroespectáculo “A Queima do
Judas”, no que participan máis de trescentas persoas.
Producido
polo Trigo Limpo Teatro -
ACERT, o espectáculo, que ten a súa orixe nunha tradición popular, convoca a
creadores de diferentes áreas para preparar durante unha semana o espectáculo
musical que remata ca tradicional Queima do Judas o Sábado Santo, unha especie
de falla construída para a ocasión polos moz@s de Tondela baixo a coordinación e dirección dos membros
do Trigo Limpo.
Fran Pérez, compositor da banda sonora do espectáculo
será ademais o encargado de dirixir a nutrida formación musical que a
interpreta en directo durante o espectáculo e que inclúe a músicos das bandas A
cor da Lingua, New Sketch , Conservatorio de Coimbra ou a Coral Polifónica de
Tondela, entre outros.
Moita sorte Fran!!
Vídeo
da edición da Queima do Judas 2012. Composición e Dirección Musical: NARF
http://vimeo.com/40779001
Ao
longo da súa extensa e frutífera carreira Fran Pérez “Narf” ten participado
en importantes festivais internacionais, como o Mercado Cultural de Salvador da Bahía,
(Brasil), varias edicións
do Festival D´Agosto en Maputo (Mozambique), WOMEX,
London City Festival (UK), BAFIM (Buenos Aires, Arxentina), Festival de Mindelo
(Cabo Verde) ou Cantos na Maré en Pontevedra. Tamén presentou os seus concertos
noutras cidades como São Paulo, Niteroi, Brighton, Varsovia, Newcastle,
Barcelona, Lisboa, Ostersund, Katmandú ou Nova Delhi. O disco “Aló
Irmao” (2010), un traballo conxunto co Guineano Manecas Costa, acadou o nº
1 das listas da emisora RDP AFRICA, que emite para todos os países da
Lusofonía.