2013 ti que ?
Os Carunchos cumpren 18 anos con novo disco, neste quinto traballo discográfico ofrécennos a súa música tradicional, sempre comprometida no social, cultural e coa natureza. Combater desigualdades, inxustizas que a todos nos desacougan acotío, pero sin deixar a troula, o baile, e a festa que tanto os define.
Autoeditado co selo Pai Musica e distribuido por Inquedanzas Sonoras este quinto disco de Os Carunchos gravado en Casa de Tolos presenta temas que na súa maioría son de composición propia e que falan de temas de actualidade.
Os Carunchos despertan en “Ti que?” o seu lado máis reivindicativo para falar sobre a violencia de xénero, a contaminación do mar, o conflito en Oriente Medio ou as diferenzas entre ricos e pobres.
Todo isto nun álbum que eles mesmos califican como o máis plural de todos os seus traballos, “tanto en timbres, como en instrumentos e composicións”.