Para escoitar DEUSA TOLA tendes estes enlaces do Youtube con 2 videos ao vivo
http://www.youtube.com/ channel/UCkDMwXUMrVHNskjI9_ uHFEg
http://www.youtube.com/
Compoñentes:
Susana de Lorenzo : Voz, Harmonium
Xoan Piñón : Guitarra acústica / eléctrica
Biografía
Deusa Tola achéganos unha odisea musical atemporal, meténdose nas raíces comúns da súa terra natal, Galicia, e dos sons das beiras do Atlántico; pezas do noso repertorio popular mesturadas con cancións emblemáticas dos nosos tempos: os grandes clásicos da música antiga e contemporánea.
Os integrantes de Deusa Tola son dous músicos de longa bagaxe musical e cunha grande capacidade de integración dos seus estilos.
Susana de Lorenzo, soprano, posuidora dunha voz impresionante, chea de emoción e matices, ten creado un estilo musical propio, resultado dunha fusión de música clásica, lírica medieval galego-portuguesa, folk de raíces celtas galegas e irlandesas, pop, rhythm&blues, e outras influencias diversas. Comezou a súa carreira no mundo do pop-rock, evolucionando trasversalmente nos diferentes estilos, ata converterse nunha das mellores voces da Galicia.
Xoan Piñón guitarrista acústico e eléctrico, artista polivalente, compositor e arranxista, guitarrista de grande técnica e elegancia, é un dos pioneiros da música galega contemporánea, fundador do grupo de folk DOA pertenceu a diversas formacións de música experimental, electrónica, rock e folk. Piñón leva a cabo un grande traballo de investigación sobre formas sonoras e adaptacións musicais, nunha aposta pola mestizaxe e a música sen fronteiras.
Nos seus concertos Deusa Tola interpreta un variado repertorio que engancha pola súa orixinalidade. Deusa Tola actúa con amplificación ou en acústico.
DEUSA TOLA "A doncela de Bedlam" é unha versión da peza tradicional inglesa "A Maid in Bedlam", coa adaptación do texto por Susana de Lorenzo e arranxos musicais de Xoan PIñón.
O vídeo, son directo, foi gravado no Concerto-Presentación do grupo na Igrexa Orden Terceira de San Francisco (A Coruña) nas Festas do Rosario 2013.
DEUSA TOLA, en formato cuarteto, contou coa colaboración de Eduardo Coma (violín) e Dany Meléndrez (percusión)
L E T R A S :
Deusa Tola “Ancello do Silencio”
"E sempre en mal acharei porque lle entón non perdoei
ca se lle perdoase alí, nunca el partira daquí
Que lli perdoase non quiz, e fiz mal, fiz mal, porque non fiz, non fiz."
Letra de Estevan de Garança
Deusa Tola “O meu amigo era artesán”
" O meu amigo era artesán e quen tanto me amou,
o meu amigo era artesán máis agora alén do mar.
coa brea mancha as súas mans
e logo marchará ao proceloso mar.
Nas roupas un todo ceo azul e un rizos que soñei
nas roupas un profundo azul e uns rizos que amei,
no horizonte busca o seu fogar
e logo marchará ao proceloso mar.
Un día será capitán de valentes coma el
un día será capitán atalaia espada en man
e será un capitán audaz
axiña chegará, comigo casará."
Adaptación a galego da peza popular británica
“My Jonnhy was a shoemaker” por Susana de Lorenzo