ESQUIOS PORCOCAN

Ola!! Xa está na rúa, de onde en realidade nunca saíu, o novo traballo de Esquíos, “Porcocan”.
Un disco onde a áceda crítica social e o hedonismo propio do rocanrol máis irreverente mesturanse dun xeito natural e desenfadado.
Unha montaña rusa de sensacións onde as líricas profundas e comprometidas apareanse con outras  triviais e divertidas, onde a velocidade e a melodía fundense de xeito íntimo e convidante a bailar de xeito descontrolado e irracional, sen esquecer que vivimos nun mundo inxusto que podemos mellorar entre tod@s se nolo propoñemos.
Soando máis potentes e mellor que nunca grazas a gravación ao vivo nos estudios Abrigueiro, chega o novo artefacto sonoro da banda estradense, un traballo sen fisuras no que incorporan voces femininas en varios temas e onde contan coa colaboración de varios amigos nos coros.
Punk-rock, garaxe, hardcore, rock.....ou “Porcocan”, que máis da coma o chames, o caso é que existe e está aquí para vos!

Podese escoitar o disco en http://esquios.bandcamp.com/album/porcocan

e ver o videoclip de "O baile do parado", tema presentación do disco en:

http://www.youtube.com/watch?v=UJsIpDDOO7Y
As primeiras datas confirmadas de presentación serán:

25 de maio Pub Gañetes, A Estrada

31 de maio, L.S. Pontemuiños, Pontevedra

Para contactar coa banda: esquios@esquios.com ou 663 10 98 87 (Jorge).

Máis info en www.esquios.com ou no Facebook ou Twitter da banda.