TANXEDORAS


Somos:

María Silva,
Leni Pérez e
Margó Gayoso.

TANXEDORAS é un proxecto que agroma en setembro de 2003 coas  primeiras choivas que fan medrar a herba nos campos, que enchen os regueiros e calman as sedes do verán. Somos cinco mulleres que tanxemos diversos instrumentos tradicionais galegos como pandeiro, pandeireta, gaita, acordeón, cunchas, ferriños, culleres, legóns, tixolas, morteiros, etc.


Con anterioridade, formamos parte doutras agrupacións folclóricas, máis os camiños da vida nos xuntaron para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.

1952 (2018)

En novenbro de 1952 chegoa a Galicia Alan Lomax á procura do son da nosa terra. Levarase consigo un feixe de coplas, ritmos e melodías. As suas gravacións son universais e convertéronse nun testemuño doutrora para as vindeiras xeneracións.

As Tanxedoras maravilláronse con cada escoita destas xoias musicais, e non puderon resistirse a emular a asas mulleres e homes que diante dun micrófono de Lomax, coas súas voces e xeito de tocar, deixaron plasmada a esencia da nosa música tradicional.

Por iso mesmo é que agora as cantan tentando preservar a súa integridade

TEMAS

01 – Fun a feira de San Saturniño

02 – E morreu a burra

03 – Anque me voi non me voi

04 –O Tróupele

05 – Señora Santa Mariña

06 – Eu cantar cantaba benhe

07 – Chamácheme a desafio

08 – / eres una / eres dos

09 – A pobre viudiña

10 – Pola manga da camisa

11 – Rapaz que bonito

12 – Do outro lado do río

13 – Viene carghado de trigo

14 – Carballeiriña iescura

15 – Arrolo

16 – Heiche de dar para un manto

17 – ten a figura dun arco

18 – Vente vindo



Fun á feira de San Saturniño
https://www.youtube.com/watch?v=e5lzAk9qPqA&list=PL4eFb-qZidi0Fd55IfzAQ9UXI4gbUusEu&fbclid=IwAR2cqvzVzeQJUdVQ8XtuBjs6rE-UFf9kye87fmxgwUCueXhIjeNzlfzbIsc
D I S C O G R A F I A P R E V I A :

https://www.youtube.com/watch?v=fBQtP74kKS4&feature=youtu.beTanxedoras - Xota de Corcubión
https://www.youtube.com/watch?v=fBQtP74kKS4&feature=youtu.be
Esta peza tradicional foi recollida polo musicólogo Alan Lomax en Corcubión no ano 1952. O noso agradecemento a http://www.culturalequity.org polo seu labor de difusión do traballo de Lomax.



 Á sombra da oliveira 2013
Á sombra da oliveira
da gusto parrafeare
ten a follla miudiña
deixa pasalo luare.
Esta é a segunda escolma de cancións tradicionais galegas de TANXEDORAS.


Un disco que transmite a forza do legado musical dos devanceiros, que pasou de xeración en xeración ata chegar ós nosos días.





 TANXEDORAS 2008














CONTACTO:


34 606 873 805
34 677 831 181