MAR MAIOR NOVO DISCO DE LUAR NA LUBRE

O grupo galego de folk Luar na Lubre presentou o seu novo traballo, «Mar Maior», disco no que se estrea como vocalista Paula Rei. Para este traballo  a banda elaborou unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.
O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.
  O disco, editado por Warner, saiu á venda o 5 de xuño de 2012 celebrando así tamén os 25 anos de éxitos  no folk galego.