Con este traballo
preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de
baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala,
titulada “De Oficios e Labores”.
A publicación "De
oficios e labores", plantexada en dous volumes, trata de ser
unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en
especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro
volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se
referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos
oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do
grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo.
Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de
músico son os mencionados neste primeiro volume.
As melodías están
recollidas nun Pen drive,
ou chaveiro USB, incluído na publicación. Por este motivo
podemos dicir que se trata dunha publicación onde tradición e
actualidade, van da man.
A temática elixida
para dar forma a esta publicación, funciona de fío condutor da
VII gala, aportando certo significado aos bailes e cantos
presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe
principal sobre o que se moven as escenas que se mostran no
espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio
concreto relacionado directamente cos oficios e labores que se
mostran.
Actualmente, O
Fiadeiro está traballando na continuidade desta serie de
publicacións, que pouco a pouco vai ir presentándonos para que
poidamos completar a nosa propia colección. As temáticas serán
diversas e, co paso do tempo, poderemos ter na nosa casa unha
pequena biblioteca de folclore.
Comeza, por tanto,
unha serie de publicacións a cargo do grupo artístico de O
Fiadeiro, na que crea
unha "tradición USB". Quen sabe que virá despois? A porta está
aberta...
Podes
reservar e recoller o teu pen drive no noso local social
Edición
limitada de 150 unidades
Prezo socios: 10,00 euros
Prezo non socios: 12,00 euros
Prezo socios: 10,00 euros
Prezo non socios: 12,00 euros
Tamén
o enviamos a donde queirades, no prezo se incrementarían os gastos
de envío.