ALVARIZA



Membros:
José Mª Cebeiro Fernández “CHEMA”, bombo e pratos. 
Manuel Edreira Buela, “MANOLINHO”, caixa.
Luis Miguel Sanmarco Janeiro, “LUIS”, gaita. 
Nicolás Mato Guerra, "NICO"Clarinete Baixo
Hugo González Campos, “HUGO”, requinta. 
Andrés Pérez Fernández ,"ANDRÉS"saxo tenor
David Nogueira Balseiros, "DAVIDE", clarinete. 
Rubén Fernández Monteagudo, “FLO”, acordeón.

 Técnico de son : RAMÓN CAMPOS

 

Alvariza, grupo de música folk e tradicional galega. A formación nace no ano 2000 coa intención de preservar a música que antigamente se facía nas verbenas de finais do século XIX e principios del XX con un tipo moi determinado de formacións que eran as orquestinas, as murgas ou charangas. Oito músicos formados en distintos estilos (como tradicional, clásico e música moderna) e que, pola diversidade da súa instrumentación acada unha gran versatilidade sonora e rítmica conseguindo unha identidade propia que se pode apreciar tanto nos temas recollidos coma nos de autor. O grupo está asentado no concello de Teo, e esta influencia xeográfica reflíctese na incorporación dun instrumento característico da zona do Ulla: a requinta. Este instrumento achega unha sonoridade que identifica a procedencia da formación, o tradicional. O son tradicional da requinta xúntase co dun instrumento moderno, o clarinete baixo, para conformar o eixo central da música de Alvariza e dotala dunha cor significativa. Na parte melódica á requinta acompáñaa a gaita, o saxofón, e o clarinete, mentres que o acordeón completa a base harmónica do clarinete baixo. O bombo con pratos e unha singular caixa conforman pola súa parte a rica base rítmica. 

Denominación de orixe (2020)


A gravación e edición do segundo traballo discografico de Alvariza correu por conta de  Ramón Campos, no Estudio Cormorán.





Pasodobre Alvariza

Audio: Pasodobre Alvariza, composto por Andrés Pérez

Video realizado por: Martín Lagoa

https://www.youtube.com/watch?v=kqNK4XHR21I

 

 
DISCOGRAFIA PREVIA:

No ano 2012 sae a luz o primeiro traballo discográfico da formación, Once badaladas, unha aposta por unha sonoridade diferente, a sonoridade de Alvariza, recoñecida no ámbito da música do país. Editado por  Zouma Records este CD significou o punto de partida para a liña de traballo na que hoxe en día se atopa o grupo, que, mantendo a mesma sonoridade e instrumentación, enriqueceu o seu repertorio tradicional con temas de autor. 

Temas:

Pasodobre dos Padernes
Muiñeira de Alvariza
Jota de Romeor
Muiñeira da Discusión
Pasodobre - Tango
Jota dos Monfortinos
A Ponte do Ulla
Valse dos Lamas
Rumba de Riocereixa
Bolero de Pontecaldelas
Valse das Casas Novas


ALVARIZA O SILENCIOSO

https://www.youtube.com/watch?v=6BhINW5pqGE
 

Rumba de Riocereixa

https://www.youtube.com/watch?v=EKlZx_mTWEw
 

Máis temas en:

https://www.youtube.com/channel/UCZuT7UsUfKneNTuf86mbFiw



Contactos  :


Email: alvarizamusica@gmail.com

Manolinho: 627 436 450