Son unha "rara avis" no desolador panorama musical actual, pero veñen dando guerra con isto do rock&roll, tratando de fuxir de modas e sons infernales que saen a todas horas nas radiofórmulas, e defendendo nos seus concertos a sua paixón.
Compañero (2021)
O segundo disco da TNT Band ( que está nas plataformas dixitais) contén cinco temas en galego:
A xeracion da imaxe
San roque
Glaciar
Mal educado
Florisa v.II
A xeración da imaxe
Video creado por Fran Films
https://www.youtube.com/watch?v=pNJOvZpSx5k
San Roque
https://www.youtube.com/watch?v=yaJvjpoilBE
Glaciar
ft. Roi Xesteira
https://www.youtube.com/watch?v=k-FyTOPwcCU
Mal educado
ft. o Leo i Arremecághona
https://www.youtube.com/watch?v=WRAHvPfnm58
Biografía:
"Los chicos raritos de clase"...Así definía con certa ironía Carlos Crespo, xornalista de Vilagarcía, a estes catro mozos que, a pesar de cumprir recentemente os 18 anos, xa levan co seu grupo TNT Band dende o 2015.
0 grupo xorde cando lñaki, Carlos e Luis, con apenas 13 anos recen cumpridos, son convidados polo seu instituto a participar no festival de fin de curso dese ano tocando un par de temas dos que de vez en cando ensaiaban no garaxe dun deles. Ese día fixeron dúas versións, Back in Black de AC/DC e Maneras de vivir de Leño, e seguramente non tiveron unha actuación memorable, nin as discográficas pelexaron por contratalos, pero eles pasarono ó grande e decatáronse de que aquilo era o que querían facer dalí en adiante. Comezaron os ensaios máis a cotío, a incorporación de Manu ó baixo, as primeiras actuacións por locais da zoa e festas de Vilagarcía (que memorable noite a do 14 de agosto de 2017 cando telonearon ó grandísimo Rosendo), os concursos de bandas emerxentes nos que moitos Iles pechaban as portas pola súa xuventude, e as duas participación no Musicaula School Festival, quedando no ano 2018 nun meritorio segundo lugar entre as máis de 100 bandas do estado que se presentaron.
Discografía previa:
Como din os seus padrifios Dakidarría "Facendo camiño ó andar, coas voltas que a música Iles da na cabeza..." chegaron ao 2018 e a idea de gravar eses temas propios, que xa levaban tempo dando voltas nos ensaios, tornouse realidade, autoeditando o seu primero traballo: "Parte colectivo", que viu a luz o 2 de novembro do 2018 e que contén 8 trallazos que Ile pintan a cara a todos aqueles que din que esta música está morta e non hai bandas que continúen o legado dos clásicos do r&r.