CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES “CASTAÑAZO ROCK”.

BASES I CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES “CASTAÑAZO ROCK”.

Tes unha banda musical que está dando os seus primeiros pasos no mundo da música e queres formar parte do cartel do CASTAÑAZO ROCK 2013 o 2 de Novembro en Chantada (Lugo) compartindo escenario coas bandas Lendakaris Muertos, Nao, Che Sudaka, Dakidarria e Bongo Botrako?

Esta é a tua oportunidade de facelo, os pasos a seguir son moi sinxelos:
Escribe un e-mail a castanhazorock@hotmail.com ata o xoves 26 de Setembro ás 14.00 horas indicando que queredes participar no I Concurso de Bandas Emerxentes do Castañazo Rock, e aportando a seguinte documentación:

-       Foto ou logo da banda en formato jpg de alta resolución (As fotos presentadas serán as utilizadas para a promoción e publicidade).
-       Unha breve descrición ou biografía do grupo (estilo e lugar de procedencia).
-       Ligazón a un vídeo (Youtube ou Vimeo) para a súa difusión e publicidade nas redes sociais do festival.
-       Ligazón a algunha páxina web, conta en redes sociais, etc...
-       Opcional: 1 canción orixinal con letra en galego e de creación propia (tanto a música como a letra) en formato dixital MP2, MP3 ou WAV. As pezas deben cumprir un mínimo de calidade musical e acústica con un bitrate mínimo de 256 kbps. (Esta canción poderá ser utilizada como material de promoción nos medios oficiais de difusión do festival, no caso de habelos).

Inmediatamente quedaredes inscritos no certame, quedando sometidos a un escrutinio popular. Ás 16.00 horas publicaremos o listado de grupos inscritos. Serán descartadas todas as candidaturas que non acheguen no prazo indicado toda a información requirida.
Xunto a publicación dos grupos participantes, crearemos un álbum na nosa páxina oficial de Facebook: Castañazo Rock (Chantada), no que os internautas poderán votar facendo “gústame” nas respectivas fotos de cada grupo. Os CATRO máis votados serán os finalistas. O prazo de votación comezará o xoves 26 de Setembro ás 18.00 horas e rematará o martes 8 de Outubro ás 18.00 horas, cando se confirmarán as bandas clasificadas para a fase final a través da web www.castanhazo.com.

Será un xurado cualificado o que decida cal desas 4 bandas é a gañadora, atendendo fundamentalmente aos seguintes criterios:
-       A calidade artística da proposta e a súa coherencia coa programación do festival.
-       A implicación da banda coa lingua e en xeral coa cultura galega.
-       Que non teñan un contrato profesional en vigor.
-       Que teñan algún traballo autoeditado.

 Dito xurado estará composto polos seguintes membros:
-       Ibán Gómez, membro da organización e presidente da Asoc. Cultural “O Castañazo”,
-       Miguel Piñeiro, membro da organización e corresponsal de “Alma de Rock”
-       David Rodríguez, presidente da Federación Galega de Festivais (FEGAFE).
-       Juan Gómez “Richi”, batería do grupo “Rastreros”.

O artista gañador será anunciado durante o luns 14 de Outubro.

O gañador terá como premio actuar no Castañazo Rock 2013 o 2 de novembro en Chantada, abrindo o festival, cun concerto dunha duración aproximada de 40 minutos. Ademais recibirá una compensación económica de 400 euros. Durante as semanas previas ao evento incluirase na promoción e difusión mediática do festival, con espazo propio na web.