PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX
O PANORAMA ACTUAL
DA MÚSICA GALEGA:
Creatividade para afrontar un contexto difícil
Dise que en momentos de crise, a necesidade agudiza o enxeño, e no campo da música isto semella ser certo. Están a saír
moitas cousas boas, os grupos cada vez tocan vez mellor e os discos están mellor producidos. Malia á crise propia do
modelo discográ co, non deixan de saír álbums, e a autoedición semella a anzarse no noso panorama musical. A xente
ten máis formación, máis posibilidades de aprender a tocar instrumentos e de experimentar co son. Hai moito talento, e
sábense aproveitar moi ben as posibilidades que achega a informática para a gravación e a produción. A reaparición de
grupos míticos e a proliferación de iniciativas de crowdfunding son síntomas claros da boa saúde da creatividade musical
galega.
Como contraste ao optimismo creativo, no campo da música ao vivo están a se dar importantes transformacións que
non son necesariamente positivas. Os festivais están reubicándose e buscando alianzas. As cousas están complicadas e
déixase notar a crise, aínda que cada vez hai máis público, hai tamén menos cartos. No entanto, semella que de novo a
necesidade agudiza o enxeño, e que pode haber mudanzas de importancia no sector. En escenarios máis pequenos, o
panorama é máis positivo, malia ao feche dalgunhas salas. Mantéñense nomes míticos e van aparecendo espazos novos.
Hoxe o punto forte da música está nos bares e nos pubs, é unha escena que está a funcionar moi ben e son os mecenas reais da música, quen lles permite aos grupos novos ter onde tocar.
Extraído do informe sobre a situación da música galega publicado este ano polo Consello da Cultura Galega.
OS PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX:
Recoñecer, visibilizar e rendibilizar todo o noso potencial musical
Os Premios Galegos da Música Martín Códax están promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo, e nacen nun
contexto que reborda creatividade musical pero adoece de apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha
industria capaz de facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector que, no caso de ser
dimensionado –asunto nada sinxelo-, moi probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis
potencial para a cultura galega.
Os galardóns que propoñemos teñen, xa que logo, uns obxectivos que van moito máis aló da autocomplacencia e
o autobombo dos músicos, para sumarse a esa idea de ‘facer país’ na que tantos axentes traballamos a diario. Estas
son as principais metas dos premios:
Recoñecer a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas. Revelar novos
talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.
Facer rendible o potencial da nosa música. Músicos ao Vivo é consciente do tremendo potencial que a
Música Galega ten. E temos presente que a enorme produción e creación musical da que gozamos en
Galicia non chega a tódolos sectores da poboación tal e como debería. Músicos ao Vivo entende a música
galega dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen poñer cotas estilísticas ou doutra índole. Aí reside a nosa
riqueza. Cremos que é momento de facer sentir a presenza do sector produtivo con máis potencial dentro
da cultura galega, e de tirar del toda a rendibilidade que é quen de producir. Os premios axudarán a
promover a música creada en Galicia non so dentro do país, senón tamén a nivel estatal e internacional,
ampliando deste xeito a actividade económica deste sector no exterior.
Facer visible a todo un sector. Os Premios Galegos da Música Martín Códax darán visibilidade á Música
Galega. Con carácter xeral, poñendo nos medios a todo un colectivo de creadores, a toda unha industria, e
a toda unha comunidade comprometida coa cultura musical galega; e de xeito particular, resaltando 3
proxectos concretos por cada unha das 13 categorías premiadas, ademais da mención honorí ca a toda a
carreira artística de un/unha músicx galegx. Os Premios Galegos da Música Martín Códax botarán luz sobre
39 proxectos musicais galegos actuais e en activo, garantindo así a transcendencia mediática e o potencial
tan diverso da música galega, así como a súa tradución ao mercado musical do momento, tanto o
discográ co como o da música ao vivo.
A QUEN VAN DIRIXIDOS OS PREMIOS:
Unha convocatoria inclusiva e plural
A Convocatoria irá destinada a todos os proxectos musicais galegos que estean vixentes e en activo neste ano
2013. Entendemos por proxectos musicais galegos a grupos, solistas, espectáculos, ou proxectos discográ cos
realizados en Galicia, ou realizados fora de Galicia, pero por músicos galegxs. A inscrición para conseguir a
nominación aos Premios será libre e gratuíta.
As categorías: 13 + 1
Mellor Proxecto Musical Galego de Pop e Indie.
Mellor Proxecto Musical Galego de Rock, Blues, Funk e Soul.
Mellor Proxecto Musical Galego de Metal.
Mellor Proxecto Musical Galego de Hip Hop e Músicas Urbanas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Reggae, Ska e Mestizaxe.
Mellor Proxecto Musical Galego de Electrónica.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Clásica e Contemporánea.
Mellor Proxecto Musical Galego de Jazz e Músicas Improvisadas.
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Tradicional Galega.
Mellor Proxecto Musical Galego de Folque.
Mellor Proxecto Musical Galego de Músicas do Mundo. (Flamenco, MPB, Músicas Balcánicas, etc...)
Mellor Proxecto Musical Galego de Música Infantil.
Mellor Proxecto Musical Galego de Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena.
Premio Honorí co Músicos Ao Vivo.
O sistema de votacións
A través do proceso de votación on line e privado, xs socixs de Músicos ao Vivo elixirán en primeira instancia
aos 3 nalistas de cada categoría, e a continuación, nunha nova rolda de votacións, as/aos premiadxs en
cada categoría.
O CALENDARIO:
Luns 20 de Setembro.
Ábrese o prazo de inscrición dos proxectos.
Luns 21 de Outubro.
Comezo da Primeira rolda de votacións. Escolleranse aos 3 nalistas das 13 Categorías.
Venres 15 de Novembro.
Comunicación pública dos Finalistas. Iníciase a segunda rolda de votacións. Escolleranse aos
Premiados de cada Categoría.
Venres 13 de Decembro.
Celebración da Gala dos Premios Galegos da Música.
OS PROMOTORES:
MÚSICOS AO VIVO, o referente dos músicos galegos
MÚSICOS AO VIVO é a Asociación de Músicos de Galicia. A nais deste ano 2013 cumprirá 5 anos. Neste primeiro
lustro de vida, Músicos ao Vivo converteuse nun referente indiscutible para os músicos galegos, como interlocutor
lexítimo fronte á administración autonómica, estatal e internacional; e como máximo responsable da comunicación
e visibilidade dos músicos galegos, sen facer distinción entre tipos de música, disciplinas ou estilos. Nestes 5
anos, Músicos ao Vivo conseguiu:
Establecerse como Asociación Profesional, aglutinando a máis de 250 socixs.
Crear e manter o Sistema de Facturación e altas na Seguridade Social dentro do Plan de Regularización
Laboral para os músicos galegos, con case 100 dxs seus socixs facendo uso del.
Publicar quincenalmente o seu Boletín de información, actualidade e opinión, con máis de 3.000 suscriptores
activos.
Ofertar de xeito regular e estable o Programa de formación e divulgación a través de charlas informativas
sobre Asociacionismo, Realidade Laboral do Músico, Dereitos de Propiedade Intelectual e Dereitos de Autor,
e Modelos de Autoxestión para Músicos.
Constituír xunto con Musicat (Cataluña), MusXXI e Umtrade (Madrid) e Promusic (Canarias) a Federación
Española de Músicos Asociados (FEMA).