CARTAS QUE VEÑEN E VAN MAMA CABRA E SUSA HERRERA
Mama Cabra son un grupo de música infantil composto polos músicos : Pablo Dalama Piñeiro (frautas, gaita, saxofón), Paco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica), Diego Maceiras Pedreira (acordeón, acordina), Rodrigo López Muñoz (batería e percusión), Tomi López Serrano (baixo eléctrico e guitarras), Paula Romero Canedo (coro), Sandra Romero Canedo (coro), Montse Rivera Crespo (coro), Merchy Rozas (coro), Miguel Flores (coro), e Gloria Mosquera Roel (voz)
Susa Herrera é profesora titular de Expresión Musical da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, pertencente á Universidad de Vigo. Autora de máis de 9 contos para nenos, amosou que os contos tamén se cantan e que se poden bailar. Nos seus libros, cada persoaxe leva aparellado un estribillo pegadizo e varias proposta de baile
.
CARTAS QUE VEÑEN E VAN é o novo libro-disco de Mamá Cabra con Susa Herrera
Un día quixémoslle escribir unhas cartas a uns personaxes moi singulares que aquí presentamos, neste libro-disco. E pensamos: "Mellor que cartas de papel, ou electrónicas, ímolas facer musicais. Aforramos papel e gasto de luz. E ademais, servirán para que os nenos e as nenas tamén as canten e as bailen con nós".
É un libro-CD con cancións de Susa Herrera, profesora da Facultade de Educación de Pontevedra, arranxadas por Mamá Cabra e cantadas por profesores e profesoras da Asociación Pedagóxico-musical “Soutullo” que asisten ao seu Seminario de Música cada ano.
Son cartas musicais.a uns personaxes moi singulares e servirán para que os nenos e as nenas tamén as canten e as bailen con nós".
Escoitade uns fragmentos:
Casimiro, o elefante
De que cor?
O Polo Pepe
A ratiña curiosa
Editorial Galaxia, 2013
Capa dura, 24 páxs.; 24,5 x 22 + CD
Máis info en: http://mamacabra.com/cartas.html