Os I PREMIOS GALEGOS DA MÚSICA MARTÍN CÓDAX chegan ó seu fin este Venres 13 de Decembro. Ás 21:00 no Pazo de Cultura de Pontevedra terá lugar a gran Gala de entrega dos 14 Premios desta primeira edición.

Os 39 Finalistas das 13 Categorías son:

POP
> Xoel López
> Eladio y Los Seres Queridos
> TERELAND

ROCK, BLUES, FUNK E SOUL
> NARF
> Cró
> Foxy Freire

JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS
> Abe Rábade trío
> Marcos Pin Factor E-Reset
> Paco Charlín "Flood"
HIP HOP E MÚSICAS URBANAS
> Dios que te Crew
> Woyza
> García MC

MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA
> Taller Atlántico Contemporáneo
> Orquesta Vigo 430
> Vertixe Sonora Ensemble

FOLQUE
> Berrogüeto
> Cuarteto Caramuxo
> Caxade
MÚSICA TRADICIONAL GALEGA
> Treixadura
> Davide Salvado Trío
> Cantigas e Agarimos

MÚSICAS DO MUNDO (FLAMENCO, MPB, MÚSICAS BALCÁNICAS, ETC...)
> Banda Crebinsky
> 2us
> Germán Díaz Método cardiofónico

MÚSICA INFANTIL
> Mamá Cabra
> A nena e o Grilo nun Barquiño
> Pablo Díaz e a Banda Tic Tac
ELECTRÓNICA
> Das Kapital
> Aquofono
> Sub Rosa

METAL
> Machina
> Nao
> Talesien

REGGAE, SKA E MESTIZAXE
> Transilvanians
> Dakidarría
> Cuchufellos
ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICAS DE VERBENA
> A Magnifique Band
> Os da Ría
> Orquesta os Modernos

PREMIO DE HONRA 2013

Ademais destes 13 Premios, entregarase o Premio de Honra a Antonio Cruz Arévalo, "El Peri". A decisión de outorgarlle o Premio Honorífico MAV a Antonio Cruz Arévalo “Peri” tomouse por unanimidade. Pero, que se premia? Por que? Ante quen?
Antonio Cruz “Peri” sempre foi de retagarda, de sombra, desa última copa co local pechado, e nunca demandou focos, atención, nin titulares. Aquel batería que con 17 anos marchou de Galicia porque o arcebispado prohibía facer música 45 días seguidos por cuestións de axendas divinas, non parou máis. Para os que hoxe se dedican á música de xeito profesional, botar a vista atrás e recoñecerse nun batería que polo ano 1958 xa andaba enleado en métodos, estudios, ensaios, gravacións, xiras, etc... fai que se sintan parte dese mesmo motor que leva tirando de tantos músicos xeracións tras xeracións. Nos I Premios Galegos da Música Martín Códax tócanos recoñecer a un músico que sempre tivo as portas abertas ao resto dos músicos, foran de onde foran, e viñeran de onde viñeran. Un batería que pasaba sorprendentemente de profesor a alumno nun abrir e pechar de ollos. Un tipo inmenso, cun corazón de tumbao, e cunha mirada de rumba, que aínda hoxe, pasados os 70 anos, fala de música e resplandece...

CONVITES E ENTRADAS

Os socios e socias de Músicos ao Vivo teñen dereito a un convite individual, que terán que confirmar seguindo as instrucións indicadas no propio mail convite que se lles remitiu. Ademais dos patrocinadores, colaboradores, asociacións do sector, finalistas e autoridades, poñeranse entradas á venda ata completar aforo polo popular prezo de 5€ máis gastos de xestión.
Máis información en www.premiosgalegosdamusica.com