ROCHI NOVOA FARRAPOS DE BONECA

Farrapos de Boneca, libro de poesía, fotografía e musicado de Rochi Nóvoa.; nada o 8 de novembro do1975 en Sobradelo , Xunqueira de Ambía,

Farrapos de Boneca é o quinto libro auto-editado.
O cd conta con 6 poemas músicados da autora e 4 cancións dos seguintes músicos:

Antonio I. Fernandez con Postrada ( Membro de La Matumbá, actualmente atopámolo con TanDub Ou.

Daniel Soldevilla con Xuices traballa en solitario máis sobre el no seu blogue "A feast of friends"

Servando Barreiro con Terra músico, contador de histotias gran polifacético ,atopamos del CDs “O som da sega, “A Dança  do Lume” , “ Som voltas “ , “Vicentinho e as árvores da paz” e participa activamnete no Clube d@s poetas viv@s .

Nacho Martinez con Dona Penumbra cantautor que podemos atopar na rúa da xeografía galega e en you tube.


As letras de tódolos temas son de Rochi Nóvoa Vázquez , gravadas na casa de Rafa Ullán, copiados en CD Inmagen, editados e distribuidos por Rochi Nóvoa.

Entendeuse este CD como parte imprescindible do libre, para poder chegar a entender o significado total. Algúns dos temas xa andan por you tube.

http://www.youtube.com/watch?v=dfS7ypOziC0
Videoclip do tema "Postrada" interpretado por Antonio I.Fernadez, eletra de Rochi Nóvoa. incluido no libro-cd "farrapos de Boneca"
 http://www.youtube.com/watch?v=dfS7ypOziC0




 silencio ninguén fala

Escribo
para roubarlle tempo á soedade
para atopar un sorriso furtivo
entretéñome.

Calo, si que estrano
calo por medo a indiferencia.

Tento borrar o teu recordo
a teu olor
ese cheiro a frescura rancia
maquelada en teorías astrais.

Tristura tatuada nos ollos
que sorrín
           para o disimulo do que observa.

           Engulo recordos
           bebo morriña
           e escupo sangue.

                                              rochi nóvoa 

                                              do libro-disco farrapos de boneca




Para facerse co Libro –Cd podese por en contacto con Rochi Nóvoa Vázquez no facebook, do blogue Olian Rochi Nóvoa.


C o n t a c t o
Correo : rochi875@gmail.com



http://rochinovoavazquez.blogspot.com.es/


 regalaste un pouco escura


cada sorriso ou cada dor
cada grande ou miúdo sentimento
pinta o teu espirito dunha cor

e para acompañar os teus versos
tamén as veces ti te pintas
os cabelos os ollos os beizos
e regálaste en escuras fotografias

lariño

 

olian  poemas escuros e negros 
rochinovoavazquez.blogspot.com
foto juan víctor seara


Poema adicado a Rochi Novoa por Manolo Pipas no seu espazo envolventes as palabras

http://www.envolventesaspalabras.info/semblanzas-apertas-elexias/apertas/regalaste-un-pouco-escura