“Toc toc” é a chamada á porta do mundo dos nen@s.
Un mundo de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida as guerras e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais , a ilusión da chegada do apalpador no Nadal, a fantasía do mundo dos piratas, e como non, o mundo paralelo dos nen@s: os contos, onde poden aparecer protagonistas femininas, creativas e decididas (e non nenas/mulleres inxenuas como a tradición literaria deste xénero nos presenta habitualmente) xogando así un papel máis próximo á sociedade de hoxe en día.
Tamén hai humor, como os animais que forman unha orquestra, loitas atmosféricas entre anticiclóns e borrascas, os bonecos que poden centrar a vida dos nen@s.
No eidomusical, “Toc toc” rima con rock, pop, folk e tamén soul, a alma da música moderna que partiu da tradición cultural e musical de moitos países africanos que neste caso mesturase coa tradición musical galega.
Desta última aparecen dous romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico que entronca coa nosa ráigame máis fonda.
Editorial Galaxia
Autor: Pablo Díaz
Ilustración: Nuria Díaz
Mercar on-line en Galaxia: http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011250007