SACHA NA HORTA FÓRA DO REGHO





COMPOÑENTES:
Gus á batería,
Hadri ao baixo,
Brais á guitarra,
Manu á trompeta,
Martiho ao saxo
e María voz,
Mané voz,
Alenya voz e
Iseo voz..




Traxectoria e biografía: Sacha na horta nace no 2007, logo de gañar o concurso "A polo ghit" organizado por Radio Galega e Vieiros, no que se escolleu “Biocultivos” como canción galega do verán. O premio foi unha viaxe a La Habana para tocar na Feira do libro, unha experiencia bem simpática e estrafalaria que motivou a xuntanza dunhas cantas amigas para crear un repertorio e unha banda. A partir de aí foise definindo un estilo próprio, que demos en chamar "agro-punkchanga", no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan. Isto cosido co fío da retranca e presentado sobre leito caramelizado da festa e carallada máis revolucionarias.

No 2010 sae o primeiro disco da banda Temos moito por sachar, con seis temas propios bo reflexo desa primeira época. O disco foi auto-producido e distribuído unicamente en formato dixital na rede e de forma gratuíta. Sacha na horta vive a partir de entón importantes cambios na súa formación e isto vaise traducindo tamén nun novo son, se ben o espírito e a actitude segue a manterse sempre, representada no símbolo da bata de faena coa que todas aparecen no escenario.
http://sachanahorta.bandcamp.com/album/temos-moito-por-sachar 



Parte dese novo repertorio recóllese no segundo disco formado por cinco temas propios e nomeado “Fóra do regho”, de novo auto-producido e dispoñible na rede de balde. Entre tanto a horta segue traballando arreo nos seus directos, sen darlle acougo ao lombo e ao músculo da rebeldía.
http://sachanahorta.bandcamp.com/
FÓRA DO REGHO
Disco contén 5 cancións orixinais (+ a canción pantasma que contén a versión completa descargable do disco dispoñible en http://sachanahorta.bandcamp.com/album/f-ra-do-regho, “Checoslovaquia”).
Todas as letras e a música dos temas son de Sacha na Horta, agás “Entroido todo o ano” que é unha letra de Alberto (o irmán de Martinho, o noso saxofonista).
Todos os temas foron gravados na casa de Brais, por Brais. Mesturados por Brais. O disco está producido, editado e distribuído por Sacha na Horta. Por agora só está dispoñible en formato dixital, na rede, en plataformas como bandcamp (http://sachanahorta.bandcamp.com/album/f-ra-do-regho) ou soundcloud (https://soundcloud.com/sachanahorta). Con licencia creative commons e totalmente gratuíto.


As intencións da banda son as de tocar máis e mellor e por cada recuncho do país ou alén os mundos posibles. Queremos seguir gravando todas as ideas que temos e conseguir sacar o tempo das nosas axendas labirínticas particulares para facelo. Encantaríanos, pois, poder traballar disto dignamente. Pero tamén queremos levar a nosa lingua a cantas máis persoas mellor, facer eco dos milleiros de voces que ouvean as rabias e as inxustizas que tratan de apagar nos medios, e das loitas e das forzas, e das bravuras e as ledicias e das xuntanzas e as festas, e dos soños e as esixencias... Queremos dicir ben alto e ben forte todo o que queremos dicir e merece ser dito. Queremos poñer a proba cada día a liberdade e a rebeldía. E facelo sen deixar de bailar! Para nós Sacha na Horta é unha forma de expresión, un traballo, unha familia e unha forma de activismo social. Unha vez que te pos a bata, comeza a rebulir todo no teu interior. É entón cando sabes que comeza a HORTA REVOLUTION. Ese é o nome do espectáculo que temos actualmente e é a próxima parada no estudo de gravación. E disto vai a cousa, de revolucionarse, de facer horta entre todas, poñernos a sachar para sementar cousas novas e sás e coller o fouciño para acabar con toda a broza que temos e que nos está a afogar.

Contacto SACHA NA HORTA: sachanahorta@gmail.com https://www.facebook.com/sacha.nahorta
Contratación: Gus 637863152

LETRAS

CONDANADAS Por misoxinia esaxerada medo ou ansias de riqueza todas foron sospeitosas de usar a maxia negra
Vían dende a ara da igrexa perigo en calquera aceno dábanos por proxeneta e marido ó mesmo demo.
Por herexes, por rebeldes, caeron moitas na fogueira Dicían no Santo Oficio: Pasa puta! Pasa meiga!
Aaaaaahh, aaaah, aaaah........
Encantarémosvos, enfeitizarémosvos, enmeigarémosvos Pois venceremos nós!!! (x2)
Reinventamos as liturxias e unidas aos menciñeiros enchemos de marihuana o cu do botafumeiro. Queimaremos o Obradoiro, o crisol de Compostela, e na pota do akelarre unto de Rouco Varela. Festas baixo a lúa chea Soan pandeiros e tambores danzaremos en pelotas entre gozos e suores.
Sacudiremos este mundo Erguerémonos sen medo! porque os tempos son chegados pras mulleres deste tempo!
Aaaaahh, aaaah, aaahh
Encantarémosvos, Enfeitizarémosvos, Enmeigarémosvos Pois venceremos nós!!!
A nosa violencia, a nosa beleza ruín naceu da liberdade, de non ter medo a sentir, persignábanse polo camiño cando as vían vir, cubrían a colloada atesourando o membro viril. Reuníanse nos cruces para intercambiar o saber, ai, que perigo perigoso, ai que perigo, hai que ver! Tanta muller cousa boa non pode pretender A saber que han facer esas coas vasoiras se non é varrer.
Non recuedes, vasoiras ás mans Bombas de estramonio e máis mandrágora Subversivas para uns dexeneradas pros demais. Non recuedes, vasoiras ás mans Non recuedes, vasoiras ás mans Bombas de estramonio e máis mandrágora. Non recuedes, vasoiras ás mans Non recuedes, vasoiras ás mans
Non recuedes, vasoiras ás mans Non recuedes, vasoiras ás mans Non recuedes, vasoiras ás mans NON RECUEDES, VASOIRAS ÁS MANS!!!
Se de virxes nos vestides como bruxas arderemos
COMO BRUXAS...LUME!

 GALIZA CHAMIZA
O cambio climático xa está aquí O cambio climático xa está aquí Certo que tivemos tempo para paralo pero agora temos tempo pra tomar o sol
Faremos en Xinzo un novo Las Vegas Faremos de Compostela un novo Salou Un parque temático nas Fragas do Eume Quen quere auga puidendo ter sol?!
Malo será, malo será que non caia más pasta do goberno central agora imos ser por fin un máis na política turística peninsular.
Tanto lío coa lei de costas e ao final sube 25 metros o nivel do mar Na profundidá chaletitos madrileños cos pés a remollo na sala de estar.
E a miña avoa e catro indíxenas máis morrerán cos segredos da terra e do mar, pero as mozas que quedemos habémonos adaptar parindo galeguiños cor chamizo tropical.
Galiza chamiza Mamá África na terra da nabiza Galiza chamiza sacaremos o saio por fin antes de maio (uo-io-io-io-ioooo)
Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos a Dios heille dicir tres cousas, xa non sei se nos veremos.
Dis que creaches ao home e a nós da súa costela, diches co tal, amigo, para gobernar a terra!
Sintetizaremos lacón con grelos e da pílula máxica extraeremos unha nova especie á nosa imaxe, que limpe esta cochiquera e a faga menos fea!!
Galiza chamiza Mamá África na terra da nabiza Galiza chamiza sacaremos o saio por fin antes de maio (uo-io-io-io-ioooo)



ENTROIDO TODO O ANO
Ao paso dos cabalos tocando está a orquestra. Entroido e fantasía entrante na túa testa. Se isto nom che presta baixa-te da besta que arrecende a paganía por toda a geografía.
O mundo ao revés: a cabeça nos pés os ricos som os pobres e o pobre é quem mais tem. O punki do Bartolo que dirixa o parlamento e o resto dos deputados a trabalhar no cemento.
Já chegou a festa, chegou a caralhada! A que nom se disfrace aqui nom pinta nada.
Velaquí a soluçom, que o saibam no Vaticano: pra fazer revoluçom entroido todo o ano Se isto nom che presta baixa-te da besta que arrecende a paganía por toda a geografía.
O mundo ao revés: a cabeça nos pés, os ricos som os pobres e o pobre é quem mais tem. O punki do Bartolo que dirixa o parlamento e o resto dos deputados a trabalhar no cemento.

BUSCO AMANTE
Busco Amante galegofalante aprendera agora ou xa fale de antes Busco Amante galegofalante que me entre con retranca é importante vente comigo gastar a baldosa que non nos separe unha isoglosa Busco Amante galegofalante que me queira por detrás e máis por diante.
Quero sentir, quero sentir a túa lingua Quero sentir, quero sentir toda a túa lingua Quero sentir, quero sentir, quero sentir a lingua Quero sentir, quero sentir, quero sentir toda a túa lingua
Abre a boca, saca lingua!, abre a boca, pra sacar a túa lingua! Tes unha lingua que sae de dentro, de dentro a fóra até Bora Bora Bora Bora? Boiro Boiro! Vai polo mundo coa boca aberta, coa boca aberta! e coa mente desperta...
Quero verche a lingua
Non a quero só pra dialogar é que a lingua no seu acento é como máis rica está Quero dirimir o conflito lingüístico fluíndo humores, fluíndo rexistros A ver que me dis, a ver que me espetas mírame aos ollos antes de mirarme ás tetas!
Ven quentarme os pés (En normativo) Ven quentarme os pés (En galego-portugués) Ven quentarme os pés
Eu son furancho e ti verbena Eu son o mel ti a miña colmea Eu son golosa e ti sabes a gloria Eu son a bota, ti o mocho con mora...
Ven quentarme os pés (usa a gheada) Ven quentarme os pés (e seséame esas 'c's) Ven quentarme os pés
Que aquí fai un frío que pela, nestas longas noites de Compostela A min non me veñas con Galicia Bilingüe Eu só quero Galiza cunilingüe!
Busco amante Busco amante galego-falante...


“ Mamá Sarinha”
De Catalunya ata Galiza (mamá Sarinha) Aquí esta toda a familia ( mamá Sarinha) Reunida para celebrar E pra dar a nosa benvida.
A esta linda bolboretinha Que nos enche de alegría E que contigo vai medrar I tant! Que nos ensinará…
“ I creixerà la llavoreta ,creixerà serem aigüeta cada dia per regar a cada terra el nostre amor florirà mils de sols brillant per crear… I crear i crèixer i explicar I estimar i volar i somniar És el que avui desitgem plantar És el futur que tu llauraràs.”
Ensinaranos a xogar, aprenderemos a sembrar, ser sempre nenas no sonhar Con amor, pau i llibertat!
Daranos asas para voar Forza e coraxe para crear Nos seus olhos descubriremos Todo o que de ti queremos!
“ I creixerà la lluneta, creixerà i un conillet en bicicleta jugarà pel camí de les estrelles brillarà la lluneta que aviat naixerà. I pintarem una escaleta fins al cel, Berenarem núvols de xocolata i mel I quan la lluneta vulgui anar a dormir Sentireu la cançó que diu així... »
« I creixerà la llavoreta...”