CAXADE A DANÇA DOS MOSCAS


Para escoitar CAXADE  premede eiqui


Alonso Caxade -voz, acordeóm e chifre de capador
Manu Paino –trompeta e carillón-,
Manu Espinho –bombardino- e
Xosé Tunhas –batería-




Unha verbena rebelde de antes da guerra.

A evidencia de que a nostalxia, como a verdade, tamén é revolucionaria. Indicios melódicos de que a situación e grave pero, que carallo!, bailemos un agarrado. A modernidade entendida como respecto crítico á tradición. Os moscas, ao cabo, sobreviven no peor dos escenarios: o mundo vénse abaixo e nós namoramos. Dancemos, ordenan as once cancións que conforman o primeiro disco de Caxade, A dança dos moscas.

DVD/CD de CAXADE e A BANDA DE MÚSICA DA BANDEIRA, 

Desenho artistas Diego Núñez e Marcelino V. Cageao.
 

À venda desde o próximo sábado 5 de dezembro de 2015 no Culturgal Feira Industrias Culturais (lançamento oficial às 18h00 - Espaço Foro) e distribuido por Discos da máquina!






Da man do colectivo autoxestionado Discos da Máquina, Caxade debuta cun elegantísimo
elepé de folk-pop independente, onde se cruzan aires balcánicos, música de bandas, folclore sen
domesticar e exquisita vocación popular.


O proxecto encabezado por Alonso Caxade –tamén
coñecido polo seu traballo na Orquestra Os Modernos, no Cuarteto Caramuxo e mais en PELdeNOZ- incorpora a Manu Paino –trompeta e carillón-, Manu Espinho –bombardino- e Xosé Tunhas –batería- para confeccionar “un disco con letras transgresoras, ligadas á realidade cotiá e á situación actual”. “Porque en tempos de crise intelectual, moitos pretenden converternos en moscas a danzar arredor do seu manxar favorito”, expón o propio Caxade.

Na gravación d’A dança dos moscas, cuxos temas foron compostos, arranxados e producidos por Alonso Caxade, participaron Marcos Paino e Tomás Ageitos –na gravación e na mestura-, Dr. Chou –no máster-, Logoferoz –no deseño- e Ariel Ninas –na fotografía.

A dança dos moscas estará nas tendas punto de venda de Discos da Máquina a partir de hoxe luns 25 de novembro, presentes nas principais cidades e vilas de Galicia. Sae á rúa en formato cedé e ao prezo de dez
euros.
As tendas nas que se poderá comprar son as seguintes: http://discosdamaquina.com/vendas/puntos-de-venda/

www.alonsocaxade.com
http://caxade.bandcamp.com/
http://caxade.wordpress.com/
www.discosdamaquina.com
Contacto e entrevistas: 646 806 100
Imaxes: https://www.dropbox.com/sh/hcaipsl5xikww4f/W06ZeIZ0gJ
Discos da Máquina é un colectivo autoxestionado dedicado á edición e distribución de discos con licenzas
abertas. Fundado hai un ano, do seu catálogo fan parte, ademais de Caxade, as bandas Ataque Escampe,
Grampoder, A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, Das Kapital e The Lost Omelette-Makers.