GRAMPODER





Grampoder son:

Le Roi e 
Martin Wu




Grampoder fan rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, punk acústico, hardcore comeflores. O seu set cabe nun Seat Ibiza e din que tanto poden tocar no Carnegie Hall coma no hall dun piso de protección oficial. De feito, na súa curta traxectoria xa tiveron ocasión de actuar en bares, restaurantes, chiringuitos, museos de arte contemporánea, galpóns e salas de estar. Porque o concepto é ese: facer boas cancións, con melodía, enerxía e compromiso, e poder adaptalas a calquera escenario.

 

Pm (2022)

PM é todo o que ocorre a partir da metade da xornada, cando comeza a facerse de noite e a inercia do día se fai cada vez máis difícil de corrixir. O novo disco de Grampoder contén dez cancións dominadas pola contundencia das guitarras, a enerxía das percusións e unhas letras feras e desencantadas, que tratan a perplexidade ante a velocidade do mundo, os medos e a frustración.

Terceiro albúm de Gram Poder co que o grupo volve aos escenarios cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil, estreando novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk, mantendo un formato escénico mínimo.

Temas:

1. Nacer, servir, morrer

2. Non me esquenzas

3. O estanque

4. Sísifos de tres perras

5. Hienas

6. Querer poder

7. Xa

8. Ata o infinito

9. Horizonte

10. PM

Gravado a finais de 2021con Jacobo Iglesias nos estudios Potemkin, en Santiago de Compostela

Podedes escoitalo enteiro no bandcamp do grupo : 

https://grampoder.bandcamp.com/album/pm 

e na súa canle de youtube 

 Non me esquenzas

 Videoclip gravado en Canabal en febreiro de 2022 por 

Natalia Sequeiro e Roi Fernández

https://www.youtube.com/watch?v=1IXaaz5LmdY
 

Xa


Miudiño Sessions #04
GRAMPODER

A Regueifa 2.0 publica as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.

Nesta entrega os composteláns GRAMPODER bátennos na face con catro temas de PM, o seu último disco

https://www.youtube.com/watch?v=vsjuaF2LDR0


Grampoder despedíronse dos escenarios por unha tempada. Antes de marcharen déixannos Tigerland, un mini EP gravado o ano pasado que nunca chegara a editarse. É un traballo sen edición física, pero que podedes escoitar no seu bandcamp.


Tigerland foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Santiago DC) a mediados de 2014. Masterizado por Dr. Chou. Composto e producido por Grampoder para Discos da Máquina.



Teclados por Cristovo Patiño

Deseño: LeGráfica





Golf Whiskey foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Santiago DC) en febreiro de 2013. Masterizado por Dr. Chou.
Anisado
Porcos
Robert Millar
Capitalismo
Tormenta polar
A longa marcha
O Imperio do mal
Inocente!
Champagne
Helsinki
Minas de auga
Penalti e expulsión


Composto e producido por Grampoder para Discos da Máquina.
Deseño: Logoferoz
Fotos: aiGi boGa


Para escoitar GRAMPODER preme eiqui
 



 Contratacion:

https://tremendoaudiovisual.com

 

Contacto: 
grampoder@gmail.com
686 976 139