Ailá é unha proposta artística inspirada nas recolleitas históricas dos cantos de transmisión oral da Galiza.
Una proposta pensada para bailar e disfrutar da música galega dende un prisma moderno e contemporáneo.
Ailá son:
Ángela Carou (voz e percusións)
Manuele Pardo (voz e percusións )
Abel Gañete (fliscorno )
Xan Pampín (acordeón e bombo)
𝙰𝙸𝙻Á 𝙼𝚊𝚗𝚎𝚘 𝚍𝚎 𝙴𝚛𝚋𝚎𝚌𝚎𝚍𝚘. 𝙴𝚜𝚝𝚞𝚍𝚘 𝚍𝚎 𝚐𝚛𝚊𝚟𝚊𝚌𝚒ó𝚗 𝚎 𝚎𝚗𝚡𝚎ñ𝚎𝚒𝚛𝚘 𝚍𝚎 𝚜𝚘𝚗: 𝚁𝚘𝚋𝚎𝚛𝚝𝚘 𝙻𝚎𝚍𝚎𝚜𝚖𝚊 (𝙰𝙰𝚃𝙸𝙰) videoclip obra de @beabesada_estudios Esta peza foi recollida orixinalmente por Cantigas e Agarimos! https://www.youtube.com/watch?v=VPb0ZXtak4s |
Sansolimón (2023)
Os Sansolimóns empregábanse nas embarcacións e tamén nas portas das casas. Esta estrela de cinco puntas pertence aos albores da humanidade. Este debe ser debuxado dun só trazo, sen levantar o obxeto que o traza, para que traia sorte e protección.
As nosas músicas de transmisión oral foron, son e serán músicas sandadoras que reparan e protexen a nosa saúde. Por iso, como aqueles vellos pescadores que trazaban os Sansolimóns invocando a súa protección, nós cantamos e bailamos para protexernos e estar máis unidos, para soportar as inclemencias da vida, e para lembrar quen somos e de onde vimos.
SAN ANDRÉS
Santo André de Teixido, Cedeira, ano 1966. Gustav Henningsen inmortaliza coa súa gravadora esta xota cantada pola señora Sinforosa e outra veciña.
https://www.youtube.com/watch?v=myz72-HZZeI
Discografía previa:
aila (2022)
Ailá é unha emoción feita palabra, es unha referencia ó canto da alegría e do divertimento, ‘Ailalelo ailalá’, que tanto se emprega no tradicional.
Neste primeiro disco pretenden facer festa e facer bailar. Para acadalo o seu repertorio actualiza pezas da tradición oral para que siga viva e seguir pasando a vindeira xeración .
A ducia de temas foron conformados nas noites de festa na Casa das Crechas.
Foto e deseño: P. Pastor
Gravación e mestura por Roberto Ledesma (AATIA) nos Estudios Son natural.