Lume é tradición musical galega en pleno século XXI.
Dende o absoluto respeto ós orixinais pero baseándose en métodos electroacústicos, electricidade e ruido, Lume é un pequeno repaso ás cancións que pasaron de xeración en xeración dentro da cultura do noroeste peninsular nos últimos séculos. Cun xeito hipnótico, influenciado polo drone, o ruidismo e outras músicas de carácter experimental, Lume convida o ouvinte a coñecer as cancións e pezas de toda a vida interpretadas dunha forma non convencional.
Faino ti mesmo (2021)
Composto, arranxado e interpretado por Eloy Platas.
Gravado nos estudios T-37 por Eduardo N'gongo.
Misturado nos estudios Linneo 2 por Eloy Platas.
Masterizado nos estudios Sonoplan por Ángel Álvarez.
Deseño gráfico por Igor Casayjardín.
Fotografía por Raquel Bravo.
Temas:
1. A mensaxe das pedras
2. Os teus ollos
3. Negra sombra
4. Lémbraste
5. Quen poidera namorala
6. Pandeirada de Tella
7. Lonxe da terriña
8. A danza do abellón
Podedes escoitalo enteiro en: