Roi Casal presenta o seu novo traballo discográfico Donos do noso destino
Podedes escoitar o adianto do novo disco no enlace:
https://soundcloud.com/comunicacion-roicasal/rosa
Roi Casal presenta o seu novo disco, Donos do noso destino, terceiro traballo discográfico en solitario logo de Lendas Douradas (2008) e Maxicamente Vello (2011), co que o músico galego realizou máis de 50 concertos e vendeu 10.000 discos só en Galicia.
Segundo o artista, “este álbum ten a forza e personalidade propias dunha xeración que aspira a ser dona do seu propio destino. Cada canción ten unha microhistoria detrás na que subxacen valores, sentimentos, situacións persoais e ambicións que conforman o relato dunha historia global que é o propio disco. Se nos referimos ao plano estético, segue a ser un disco de Roi Casal e a súa banda en estado puro, sen máis”.
The captain of My Soul, terceiro tema do álbum, ten por letra un poema de William Ernest Henley e constitúe un deses fermosos relatos que finalmente acabaron por dar título ao propio disco. Como relata o propio Roi, “a William Ernest Henley (1949-1903), diagnosticáronlle aos 12 anos de idade tuberculose aos osos, o que fai que sufra a amputación dunha perna por debaixo do xeonllo, pero a súa incapacidade física nunca o amilanou e acabou por converterse nun dos poetas ingleses de referencia do seu momento. Xa adulto, e postrado na cama, escribiu o poema “invictus”, que orixinalmente non levaba título ningún. O poema remata cunha clara referencia a que por moi complicadas que se poñan as cousas, un sempre é o dono do seu destino”.
Anos máis tarde, este poema é lido por unha persoa encadeada durante máis de 30 anos por facer fronte ao apartheid sudafricano, e sérvelle de inspiración nos momentos máis duros de represión para continuar coa súa loita. Era Nelson Mandela, que naceu nunha tribo sudafricana e rematou por converterse no presidente do seu país para comezar o desmantelamento da discriminación racial. Toda unha referencia universal da capacidade para construír o propio destino.
Son dúas grandes historias de superación de persoas que demostran que, en calquera lugar do mundo, e en calquera época, o ser humano sempre tivo ante sí retos que parecían insuperables pero que con forza de vontade, perseverancia e lucidez, foron acadados.
En palabras de Roi, “pertenzo a unha xeración á que se lle teñen posto as cousas difíciles, pero sigo crendo que temos a oportunidade, dende un punto de vista individual ate o colectivo, de transformar a nosa realidade para chegar a onde nos propoñamos”, pois como escribiu Henley:
“non importa que estreito sexa o camiño,
ni que cargada de castigos a sentenza,
son o dono do meu destino:
son o capitán da miña alma”.
A xira dará comezo o vindeiro 22 de marzo en Zürich (Suiza), para de seguido levar a cabo un concerto de presentación en Galicia, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o vindeiro mércores 2 de Abril a partir das 21:00h. As entradas para o concerto de Santiago están xa á venda na taquilla do propio teatro así como na web do artista (roicasal.com)
A xira internacional do cantante galego proseguirá no mes de Maio con concertos e Montevideo (dia 13, teatro Valle Inclán), Buenos Aires (dia 16, teatro Avenida) e La Habana (dia 20, Museo Nacinal de Bellas Artes). Xa no mes de Outubro desprazaranse aos EEUU para realizar outra serie de concertos en varias cidades do país norteamericano.Pola presente adxúntase nesta ligazón a canción Rosa para a súa reprodución, avance do terceiro traballo discográfico de Roi Casal do que daremos conta o vindeiro luns.
MAIS INFO: http://roicasal.com/