ALBERTO VILAS QUINTETO CRONICA CROMATICA
Crónica Cromática é o titulo do novo traballo discográfico autoproducido de Alberto Vilas Quinteto.
Soños de tartaruga
Instante distante
Coma peixe na auga
Da man do vento
Albatros
Entre vías
Onírica
Vai pasar
Ronsel
Crónica Cromática
Alma en calma
Os once temas compostos por Alberto Vilas gravados, mesturados e masterizados en BOOM ESTUDIOS en Gaia Portugal en Novembro de 2013. O enseñeiro de son foi Joao Bessa.
“ CRÓNICA CROMÁTICA ALBERTO VILAS QUINTETO Logo da publicación de “EXPERIANZA” ( Azos Jazz 2011)o disco debut deste quinteto liderado polo pianista e compositor redondelán Alberto Vilas e do que forman parte Rosolino Marinello no saxo,Felipe Villar na guitarra,Juansy Santomé no contrabaixo e Javier Barral na batería, aparece o segundo traballo do grupo no que permanecen os cinco integrantes orixinais do mesmo. Isto converte a esta formación nunha banda con son propio e moi persoal na que están a traballar dende hai 5 anos. “Crónica Cromática” é un disco de continuación dese traballo,de consolidación dun estilo ,da madurez que dan eses anos traballando xuntos. A necesidade de seguir compoñendo música para este quinteto do pianista Alberto Vilas trae como consecuencia este novo traballo no que a esixencia na calidade musical,de grabación,de edición son infinitamente maiores.Así, este novo traballo trascende máis aló do puramente musical ,xa que a participación de grandes artistas como son Lolo Nantes(cuadros),Juan L.Amado(fotografía),Jose María Arrizabalaga(deseño e maquetación) fan deste cd una obra de arte multidisciplinar. “A reivindicación do soporte físico” O convencimento da importancia que ten o aspecto físico dos discos fai que este álbum non se vaia a subir polo de agora a nengunha plataforma dixital para así poder disfrutar do conxunto que é un agasallo para os sentidos. “Crónica Cromática” vai ser un referente no que atinxe a edición dun cd. “ A música” Alberto Vilas é un pianista e compositor que ten pasado por moitos estilos e ten bebido de moitas fontes. Lóxicamente todo isto vese reflectido na súa música,chea de influencias da clásica,o tango,o folk ,o rock e o jazz. Pero a súa linguaxe e o seu xeito de facer acadaron un estilo propio e inconfundible,xa existe un tipo de son que identifica á música de Alberto Vilas quinteto.
Alberto Vilas Quinteto son:
LBERTO VILAS : piano
FELIPE VILLAR : guitarra
JAVIER BARRAL : bateria
ROSOLINO MARINELO : saxos
JUANSY SANTOMÉ : contrabaixo
Como formación percorreron prcticamente todos os grandes festivais de Jazz da Galiza, Imaxinasons de Vigo,Vía Stellae de Compostela, Nigranjazz, Festival de Jazz de Lugo ou Festival Internacional de Jazz de Pontevedra no 2013.
Tamén con este quinteto foron seleccionados pola AIE para unha xira polo estado español na primaveira do 2014.
Discografía previa:
2010 experianza
MAIS INFO EN: http://albertovilasquintet.wix.com/albertovilas1