MARTA QUINTANA LUS

 Novo traballo de Marta Quintana con un total de 11 temas do poeta galego Xosé Mª Díaz Castro da súa obra Nimbos.

As composicións musicais son de Marta Quintana e os arranxos de Cuchus Pimentel

O disco foi gravado por Cuchus Pimentel e masterizado por René Molinos. O deseño grafico correspondeulle a C. Pordeus.


Trátase de unha obra de auto edición e auto produción de Marta Quintana que será distribuída por Inquedanzas Sonoras, porase a venta nas principais tendas de discos das vilas galegas; ademais pódense topar nos canais dixitais mais relevantes: iTunes, eMusic, Amazon MP3, MediaMarkt Digital o Nokia Music, Spotify, Last.fm, WE7 o MySpace, Deezer, Google Play...

O disco naceu o descubrir Marta Quintana o poeta Díaz Castro con motivo do seu recoñecemento nas Letras Galegas de este ano... Os poemas nas mans de Marta tomaron unha nova vida musical, e, como un amor de nai que crece día a día, foron conformando as cancións na súa mente ata topar co calor que precisaba en Cuchus Pimentel quen fixo coas súas guitarras o berce perfecto para este traballo “LUS” cargado de forza viva.

Os poemas que inspiraron a Marta para compoñer estas fermosas cancións están cheos de forza e de reivindicacións, e poderían ser feitas xusto hoxe, nesta mesma mañá, por ser totalmente atemporais. Neles, o autor reivindica a falta de beleza, a falta de verdade, a falta de traballo cualificado e o abandono dos pobos.... Poemas que teñen que ver coa forza da terra e o seu recoñecemento como nai, e remarca a idiosincrasia galega a través da súa paisaxe e autenticidade. Dende a perspectiva de Marta, nestes versos, poderíase entrever un símil do marcado papel da muller na nosa sociedade.




















Galega de nacemento e viguesa de adopción formouse como arpista na Emao con Rodrigo Romaní, do que segue a ser alumna na e_trad.

Estudou no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela.
 
Foi membro do Orfeón Terra A Nosa, do Coro Universitario da USC, e de Camerata ad Libitum, entre outras organizacións corais, coas que participou en gravacións discográficas (mesmo colaborando con Julio Iglesias no CD” Mi vida grandes exitos”,1998).

Como Arpista e cantante compartiu esceario con Budiño, Mercedes Peón, tocando para o Xacobeo, Consellería de Educación (MUPEGA),Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Mos, Vilagarcía,Vigo.

Sete Saias 2006

Formou parte do duo Sete Saias xunto con Clara Pino coa que realizou o traballo discográfico sete saias..









Amable 2011

Neste traballo discográfico foron compañeiros de viaxe Cuchús Pimentel, Xurxo Varela, Suso Feixón, Marcos campos, Marcos Padrón entre outros músicos ; como técnico de gravación Bernal Alvarez e na mestura dixital Javier Abreu en Oceano Studio.








C o n t a c t o entrevistas e contratación...
franciscocarron@gmail.com
Francisco J. González
Mvl 632269168


mis info en:
www.martaquintana.net