BIRIMBAO


Para escoitar a BIRIMBAO
preme eiqui 
ou no seu Bandcamp  eiqui








Compoñentes:
MABEL L. CASTRO voz, frauta traveseira, frautas de pico, whistle e pandeiretas



CHEMA LORENZO contrabaixo, baixo eléctrico, teclados

PEPE MATO acordeón diatónico e acordeón piano

ALBERTO CAMBA batería e percusións

MANUEL CARIDAD violín, gaitas e percusión tradicional
MANOLO GESTO guitarra eléctrica, guitarra acústica e voz

O grupo que hoxe conforman seis músicos con camiños diferentes e con ampla experiencia, é hoxe un grupo cheo de gañas por expresar o seu modo de sentir a música galega. Mesturan os instrumentos galegos, gaita, pandeireta con outros modernos coma a batería, baixo ou guitarra eléctrica formando así unha riqueza de sons que transmiten nos seus concertos. Incluíndo ritmos tan diversos coma rock, jazz...

A estética musical de BIRIMBAO tén sempre como referencia a música tradicional e popular de Galicia, sen que isto queira dicir que estemos deixando de lado outras fontes como pode ser a música tradicional irlandesa, a escocesa (polo norte) e a portuguesa (polo sur).

Queremos deixar moi clara a nosa disposición a investigar novos sons e ritmos aos que xunguir os autóctonos do noso pais, ainda que sen perder nunca a nosa esencia, a música galega.

Nena do Mare

Neste traballo que vén de ser editado existe un labor coral nas composicións, e ademais das pezas tradicionais galegas incorporadas ao repertorio, que contan con arranxos do grupo, aparecen creacións de Manolo Gesto, Chema Lorenzo e Mabell Castro.

Dos oito temas que compoñen esta obra, seis deles son cantados, sendo a voz do conxunto coruñés a de Mabell Castro. O que pretende o conxunto coa súa proposta musical é "transmitir a cultura galega por medio de composicións propias cheas dun selo único"






CONTACTO:
Telefono:   34 649 26 20 96 (Pepe)
E-mail:       contacto@birimbao.net