"Sandsbridge’s Lonely Hearts Club Band" (2024)
O Caimán é un animal de río e gústalle sacar os dentes por iso, gravado en Xaneiro de 2024, O caimán do Río Tea publica novo disco. Un disco conceptual, como os de antes, un tributo a súa terra, un tributo o Condado, un tributo o rock en galego e como non, un tributo A Sementeira. O seu primeiro tema “Tróngole Tróngole”, é un homenaxe o rural, as fincas, os marcos, o capital. Disponible xa o seu video, recolle o estilo do Caiman, rock, ritmo e intensidade. Volve o directo. Volve o Caimán. Enerxía, dentes, forza, watios...
TRÓNGOLE TRÓNGOLE
https://www.youtube.com/watch?v=U1-F3RI9fMQ
Nun 21 de Febreiro de 1991, demos o primeiro concerto. Foi na Feira Vella. En Ponteareas. Sábado de inverno as dez da noite. Sobra a épica. Non tiñamos instrumentos (todos prestados). Fixemos rifas para pagar o sonido (o premio era un carnet de moto na autoescola S. Gregorio) e vendemos camisetas. Cartel patrocinado polo Papo’s. Cancións míticas. Ahí tedes o “set list” feito a máquina para a ocasión.
Como dixo ben Manuel Rivas, éramos rapaces peiteados polo vento!
Impulsados pola súa participación no programa da TVG “Xabarín Club” co seu tema “Estou na Lavarora”, a efervescencia desde anos supuxeron tamén a emerxencia dunha xeración de músicos que fixeron do galego a súa identidade.
"Estou na lavadora"
https://www.youtube.com/watch?v=oinURxFXQB0
En 1995 publican “Feito na Casa” o seu primeiro disco editado por Sons Galiza. Son ganadores do V Certamen Galego da Canción e editan un maxi con cinco temas gravado nos estudios Fussion de Vigo.
Firmantes do “Manifiesto de Viana”, O caimán do Río Tea participou no nacemento da “Unión Bravú” , unha xeración de músicos de todo o país onde a cultura e a música tiñan o seu espazo. Os diplomáticos de Monte Alto, os Rastreros de Chantada, ou os Skornabois de Vilanova de Lourenzá entre outros, participaron tamén no disco homónimo (Unión Bravú – Edicións do Cumio ´96), no que O Caiman do Río Tea aportou “Manolo Pescadilla”, un tema ska-rock identidade do grupo.
Centros de concertos levan durante eses anos a O Caiman do Río Tea a recorrer o país, alternando a publicación de cancións autoproducidas e directos. Compartiron escenario con “irmáns de
xeración” como os Diplomáticos de Montealto, Os Heredeiros da Crus, Os
Rastreros ou Yellow Pixoliñas, e tamén con outros inéditos testigos da enerxía bravú como os Enemigos, Los Planetas, Los Piratas ou
Killer Barbies.
Namentres, suman outra canción para o Xabarín Club, “Ven a Bailar”.
Ven a Bailar
https://www.youtube.com/watch?v=GTr185KN4ok
No ano 98 O banda entra en letargo e volve o río Tea ata o 2014 ano no que celebran o 20 aniversario de “Esto una Lavadora” coa autoedición dun disco recompilatorio e unha xira de concertos que os leva por festivais coma Revenidas, Terra Brava, ou Antrospinos.
Volve O Caiman do Río Tea.
Volve a Cea Baile.
“O Caiman do Río Tea” volve os escenarios para dar homenaxe a súa criatura máis popular. A canción que se converteu nun auténtico himno gracias o programa da TVG Xabarín Club representa fielmente o estilo do grupo, rockandroll de alta intensidad e frescura, dous minutos e medio de descarga para bailar, tourear e mover as melenas, así é “Estou na Lavadora” así é “O Caiman do Río Tea”.
A banda estrenouse no Parque da Concordia o 23 de Febreiro do 91 baixo o nome “O Caiman do Río Tea e os Moros que atacan a aldea”, nome dun equipo de fútbol sala participante da histórica liga do Sportivo (Ponteareas). Os moros marcharon para a aldea e o grupo quedou bautizado como “O Caiman do Río Tea” que estivo activo ata a o ano 98.
Inda que a mellor carta de presentación do grupo sempre foi o seu directo, tamén publicou numeroso material que agora o grupo intenta recopilar; maquetas, as cancións para o Xabarin Club –“Estou na Lavadora” e “Ven a Bailar”-, un disco –“Feito na casa” (Sons Galiza 95), un maxi de cinco cancións por acadar o Primeiro premio do Certamen Galego da Canción 95, un maxi de cinco temas autoeditado –“Caiman”- e un single de dous cancións tamén autoeditado – “Vota”-.
Ademáis o grupo participou no recopilatorio “Unión Bravú” (Cumio.96) coa canción “Manolo Pescadilla”.
No 98 “O Caiman” volveu o río Tea e alí estaba ata hoxe.
Chega a descarga!, Volve O Caiman!
Estou na Lavadora! Sacaime pronto de akí!.
Fotos en: https://musicaengalego.blogspot.com/2019/01/fotos-o-caiman-do-rio-tea-no-rebumbio.html
CONTACTO :
ocaimandoriotea@gmail.com
telef.- 637306122
REDES :
https://open.spotify.com/intl-es/artist/1d2n2kVdRN0pW6KCH1Ijq1
https://www.youtube.com/watch?v=U1-F3RI9fMQ
https://www.instagram.com/ocaimandoriotea?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igs
h=ZDNlZDc0MzIxNw==
www.facebook.com/caimandoriotea.ponteareas