Keixa son un grupo de música a cabalo entre o rock o ska e o Hip-Hop no que se pon en valor a cultura e lingua galega como forma de comunicación e expresión. A composición das letras, o significado e a capacidade de chegar a públicos de todas as idades van desde temáticas sociais que repercutan positivamente na cidadanía a problemáticas máis intimistas.
A banda atópanse actualmente en plena fase de composición e grabación de novos temas, cos que pretenderán acceder as principais salas e festivais galegos. A resposta do público para as primeiras datas presentadas está sendo magnífica, tanto en Ponteareas coma en Vigo, enchendo as salas onde tocaron.
O grupo está formado por:
Willow GHZ á voz,
Brais aos teclados e sintetizadores,
Arón á guitarra,
David ao baixo,
Rantan á batería e
Fabián trompeta
Serxo trombón.
Brais aos teclados e sintetizadores,
Arón á guitarra,
David ao baixo,
Rantan á batería e
Fabián trompeta
Serxo trombón.
Cheo de nada
Realizado por Adrián Diaño
https://www.youtube.com/watch?v=zU0uYGPeKyc
IV Poder
https://www.youtube.com/watch?v=4ZoAt59sHmo
Producción, grabación, mestura e mastering de Juaqui Fuentes e Gabri Reigosa na Carpintería Recording Studio (Nigrán).
O vídeo está gravado e producido polos nosos queridos @adriandianho e Aldara Otero.
Anacos (2024)
Trátase dun EP de 4 temas no que se pretenede amosar as primeiras cartas e intentar marcar os camiños polos que vai ir a banda. É un traballo variado
no que se combinan diferentes estilos musicais e sonoridades, desde un Reggae ó Ska máis clásico ata ambientes que recordan á música balcánica.
Temas:
A Besta
Estructuras circulares
Bárbaros
Cinzas