ENTREVISTA A INVIVO

Despois dun tempo sen saber de vós presentades novo disco"Cárcavas" e reformada formación,qué nos contades ó respecto?
Así é,o último ano e medio para Invivo foi unha actualización forzada.Debido a problemas na voz de Mario vímonos abocados a buscar novo vocalista e tras facer algunha que outra proba apostamos por que Rober Filgueira(ata ese momento baixista e coros na banda) se encargase o 100% da voz principal,e creemos que sen dúbida foi a decisión axeitada...xa o comprobaredes nos directos porque en disco xa se percibe ben o seu poderío.

O disco retrasouse un pouco en canto a grabalo e editalo debido a esas modificacións na formación da banda,tiñamos que pararnos para que todo fose da forma correcta.Realmente a intención era ter o disco xa en 2013 pero fomos pasiño a pasiño para que o disco e a formación estivesen ben fortes e potentes.

Tamén presentades a Bruno Castro como novo baixista?
Efectivamente,ó adicarse Rober Filgueira á voz principal optamos por buscar un 5º membro para Invivo.Bruno xa ten experiencia previa en diferentes bandas e a verdade que se esforzou bastante para poñerse ó día no lote de temas que temos na banda despois de 3 discos e varios recopilatorios.Tamén foi un acerto e unha sorte que forme parte de Invivo
Qué nos podemos atopar en "Cárcavas",qué diferenzas co disco anterior"Dogma"?

Quen escoite o disco atoparase un disco con moita forza,metal contundente e directo,un disco para escoitar e rescoitar,.Quizáis soe máis fluído que o disco anterior e máis natural.Foi grabado con máis calma e máis seguridade xa que os temas levaban tempo compostos antes de meternos en estudio.Tamén foron interpretados e grabamos dunha forma máis orgánica para que soase máis redondo,máis real e fresco.

Como xa é habitual en vós,acompañando á saída do disco presentades videoclip,nesta ocasión o tema que dá nome ó disco?

Sí,escollimos "Cárcavas"como podería ser case calquer tema do disco.É un tema que a todos nos gusta e para diante con él,non nos liamos moito,tema potente,fluído e tralleiro..ideal para facerlle un video.
Foi ideado e grabado por Lois Rodriguez,ó igual que "1940".Traballa estupendamente,ten a cabeza desbordando ideas e é moi cómodo traballar con él,aparte que te divirtes un anaco.De feito nós,considerámolo case en excluviva como a persoa encargada dos nosos clips.O próximo seguro que o faremos tamén con él...mentres nos ature,claro!

https://www.youtube.com/watch?v=3_rMwE4SWE0


Tedes concertos en mente?
O vindeiro sábado 24 de Maio faremos unha presentación especial no TNT de Santiago DC.É un local pequeno pero acolledor,para sudala gota gorda vamos..O disco foi editado fai unha semán polo que o de entrar en festivais este verán está complicado pero esperamos poder tocar nalgún.Todo aquel organizador que queira ter a Invivo no seu festival que non dubide en poñerse en contacto con nós,temos fame de esceario,moita...
Cómo se pode contactar coa banda?
Ben,para poder mercar os discos,camisolas,contactar para entrevistas ou contratar para concertos/festivais só hai hai que poñerse en contacto con nós a través de:

invivogrupo@gmail.com

invivogrupo.blogspot.com.es

invivo.bandcamp.com

www.facebook.com/invivo.grupo

Telf:650337454-609514485


Algo máis que queirades engadir?
Gracias pola entrevista,polo apoio que Música en Galego nos brinda desde fai tempo e animar á xente a que escoite o novo disco e que se lle gusta que acuda a disfrutar dalgún concerto.Saúdos!