GUILHERME E BASTARDO

Para escoitar GUILHERME E BASTARDO preme eiqui

Guilherme e Bastardo son...
 

Xurxo Nóvoa: voz, coros, pandeira do mar (sea drum), hang, gaita, pandeireta
 

Alfredo Dourado: voz, coros, guitarra, bouzuki, pandeiro, bombo inflamábel


Guilherme e Bastardo nacen no ano 2011, cando Alfredo Domínguez e Xurxo Nóvoa se reencontran
na universidade de Vigo e deciden participar na presentación dun filme documentario sobre Álvaro
Cunqueiro, musicando xuntos algúns poemas deste autor.
O acaso quere que, ensaiando, abran á toa o libro Herba aquí ou acolá, xusto na páxina do poema titulado A chegada das naves e comecen a improvisar e a tocar o pandeiro e a pandeireta.
Desta anécdota surxe o nome do grupo e o gosto pola experimentación e a reelaboración de ritmos e de estilos, desde o canto de intervención galego ao rock e o funky dos 60 e 70, das sonoridades lusófonas ao blues e o punk, da música de raíz ao hip-hop...

A poesia, ben de autoras/es galeg@s como o citado Álvaro Cunqueiro, Rosalía de Castro,Celso Emilio Ferreiro, Xelís de Toro, Raida Rodríguez, María Comesaña Besteiros, ben lusófonos como os do poeta e performer brasileiro Márcio-André, ou o escritor e ensaista moçambicano Cremido Bahule, bem dos próprios textos de Xurxo musicados magistralmente por Alfredo, é outro ingrediente indispensábel da banda.

Teñen participado en múltiples recitais, encontros artísticos e culturais, alén de nas universidades de Vigo e da Coruña, e actuado en diferentes puntos da Galiza e o norte de Portugal.

Tratan sempre de sorprender co bo humor, a teatralidade e a sua inesgotábel enerxía..

Contacto/Contratación: 
guilhermeebastardo@gmail.com 
606 454 220 (Xurxo) 
670 504 404 (Alfredo)






Xurxo Nóvoa Martins
 Poeta e actor ocasional (é unha das faces masculinas do filme Artaud em Compostela do poeta “radioactivo”, performer e realizador brasileiro Márcio-Andr é ), desde moi novo colabora como letrista para cantores e bandas (Skacha, Drinking Waters, Samuel Soto...). Xa na universidade fai parte de inclasificábeis peformance por innúmeros cafés e pubs de Vigo, a súa cidade natal.
Despois de produtivas estadías en Granada (onde morou no barrio árabe do Albaicín) e Londres, lugares que deixan fonda pegada na sua evolución estética e persoal, con 26 anos vai a Madrid a continuar os seus estudos, onde colabora activamente con numerosas asociacións culturais galegas, e comeza a tocar gaita e pandeireta na agrupación Axóuxere, tendo como mestre ao malogrado Xosé Luis Teixeiro.
No ano 2010 participa no coloquio Identidade e Alteridade na Galiza, celebrado na Universidade francesa de Pau, onde presenta a  comunicación titulada A cultura improvisada na área linguística galego-portuguesa: do repente e a regueifa ao rap e o hip-hop.
Ten publicado poesía e micorrelatos na revista de estudos galegos da Universidade Complutense de Madrid (Madrygal) e nos libros colectivos Marés nos Pousos do café e Madrid era unha praia de baleas entre néboas, entre outros. Colaborou tamén co colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar, en Pegadas.
Textos de cancións, crónicas e poemas seus aparecen nos discos Meu canto (2011) de Uxía ; Magnético Zen (2011) de Xoán Curiel, mellor álbum galego nos "V premios da música independiente" (2013), no que recita unha versión do poema escrito a 4 mans xunto a Rafael Yáñez “Campos Magnéticos”; Son Brasilego (2013), de Sérgio Tannus e Na língua que eu falo (2013) de Najla Shami, coa que colabora asiduamente como letrista. Poemas e letras súas aparecen aliás no libro-CD-DVD CoraSons (Kalandraka, 2013) e no libro Quem vê Corações (2013), editado pola Afrontamento en Portugal.
Na atualidade mora en Compostela e foca a sua energia creadora como ideólogo, letrista, cantor e  arma-danzas en Guilherme e Bastardo e prepara o que será o seu primeiro traballo Veredevere.
Alfredo Dourado
 Nado en Vigo, comezou a sua carreira musical nun primeiro momento como guitarrista, para posteriormente derivar no baixo eléctrico. É nesa altura cando comeza a facer parte dunha das
míticas bandas do folk galego, “A Roda”, tomando o facho do seu pai para continuar o espírito
dionisíaco e resucitar a palabra viva, a palabra cantada, porque como dicía o mestre e compositor
brasileiro Heitor Villa-Lobos: “Um povo que sabe cantar está a um passo da felicidade; é preciso
ensinar o mundo inteiro a cantar”.
Desde entón a súa traxectoria musical pasou por diversos proxectos, dando espazo a outras
inquedanzas e estilos musicais alén do tradicional. Cómpre mencionar a súa participación no
“Seminario de Jazz de Pontevedra”.
Este artista multidisciplinar e multiinstrumentista, autodidacta e compositor, combina a súa
paixón pola música coa súa teima filolóxica, que partilla tamén con Xurxo.
Despois dunha longa andaina polos camiños do folk, e cunha extensa bagaxe na música de
raíz popular, decide facer parte desta nova experiencia, onde deixa fluír a súa capacidade de
improvisación e axudado cun bouzuki e unha guitarra midi (alén de bombo tradicional, pandeiro...)
combina o gusto pola tradición co eclecticismo musical e a súa obsesión polos bos directos