PRESENTACION ELELELOS RETROUSO DE CELA

Asociación Cultural Retrouso

Lapamán, 71-B, Cela-Bueu CIF: G-36341923


Nota de prensa

Este venres, 27 de xuño, preséntase en concerto en Bueu o proxecto Elelelos
Será ás 20h, de balde, no Centro Social do Mar
de Bueu.

O espectáculo estará centrado na interpretación das
pezas do disco por parte dos músicos da Asociación Cultural Retrouso de Cela, responsables da iniciativa, aínda que, por ser a presentación oficial contará con varias sorpresas especiais.

A primeira será que haberá un recoñecemento público a todas e todos os informantes das que se recolleron as voces e pezas para compoñer o proxecto, facendo subir ao escenario aos que estean no evento para darlles de xeito simbólico o agasallo dun disco a cada un, como escusa para recibiren o aplauso e recoñecemento do público asistente.

Tamén, no transcurso do concerto, contaráse coa participación activa de tres dos infromantes: Paco Piñeiro e Seso Pesquella, que tocarán a filharmónica; e María doCaño, veciña da Illa de Ons, que interpretará unha
peza acompañada por Guillerme Ignacio coa zanfona e outra máis coa súa pandeireta
.
Agárdase unha grana fluencia de público, polo que se convida aos interesados a ir con certa antelación para poderen entrar. No caso de que se supere o aforo, a seguinte oportunidade de ver o espectáculo de Elelelos será o sábado 12 de xullo, no eirado de Cela, no Festival Retrouso.

Sobre Elelelos

O proxecto Elelelos contén dous discos . O primeiro é una escolma das recollidas de campo que os membros de Retrouso de Cela levan facendo a xente maior durante os últimos 15 anos en todos os recunchos de Bueu. Inclúe música de gaita, filharmónica, pandeireta e sobre todo moita música vocal. Cantares do ciclo da vida (arrolos, xogos) e do ano (reis, panxoliñas, cantares do entroido);
un enorme repertorio de cantares e tocatas para o baile... Unha compilación que chega aos 47 cortes e que pretende achegarao público en xeral e aos estudosos en particular a achegarse ás músicas de raíz deste  pequeno pero interesante concello morracense.


O segundo disco é un tributo de Retrouso tanto ás músicas do concello de Bueu coma
aos seus portadores, os informantes. Nelhai 14 pezas tradicionais reinterpretadas por
músicos da agrupación de Cela, e conta tamén coa participación especial de María do
Caño, grande cantadeira da Illa de Ons que interpreta un antigo romance acompañada
da zanfona de Guillerme Ignacio.

Recadación vía crowdfunding
O proxecto Elelelos deuse a coñecer a finais do anopasado, ao lograr financiarse
mediante un innovador sistema de micromecenado (crowdfunding) a través de
Internet. Cun obxectivo de financiamento de 3.600€,logrou reunir finalmentecase
4.000 euros, de algo máis de 200 mecenas, na súa inmensa maioría a través da
plataforma Verkami. Os mecenas axudaban a garantira realización da iniciativa a
cambio de recompensas previstas como un adianto enmp3 dalgunhas cancións, unha
camisola de Elelelos deseñada porLuís Davilaou unha copia do traballo, candoestivese listo.
Sobre Retrouso de Cela

A Asociación Cultural Retrouso de Cela leva máis de15 anos traballando pola recuperación e impulso da cultura tradicional galega e nomeadamente a música e o
baile tradicionais. Ten una forte estrutura de escolas de baile, gaita, percusión, canto e
pandeireta e acordeón, ademais de organizar recollidas de campo, foliadas e festivaismusicais.

Para máis información:657 209 731 (Guillerme Ignacio). 

Lapamán, 71-B, Cela-Bueu CIF: G-36341923
647 607 467 (Débora)
676 937 957 (Mari)