CONCURSO MAQUETAS XXX INTERCELTICO DO MORRAZO

FIM 2014
O Festival Intercéltico do Morrazo, que se  desenvolverá na localidade de Moaña os vindeiros 25 e 26 de xullo, abre o prazo para o concurso de grupos noveis.
En palabras da organización, “o ano pasado tivo unha moi boa acollida e deu oportunidade a grupos novos de compartir cartel con bandas xa consagradas, como foi o caso de Outra vaca no millo e Os Perucos”. Segundo a responsable da área de cultura do Concello de Moaña, Mª Colomba López Freire, coa consolidación deste concurso, “queremos seguir a ser unha plataforma de difusión de novos creadores e de novas creadoras, que teñen moito potencial e ás veces poucas oportunidades para demostralo”.


Finalmente, en palabras da concelleira, este ano será moi especial, “por ser a 30 edición dun Festival que leva celebrándose de xeito ininterrompido e constituíndo unha das citas obrigadas do verán galego e da música folk en toda Europa”. Dende o Concello asúmese como prioritario a organización do Festival Intercéltico do Morrazo, porque “é unha inversión en si mesma, e contará coa asistencia de xente de toda Galicia”. De igual xeito, fontes do Intercéltico apuntan que en datas próximas darase a coñecer o cartel do Festival, “con músicos de primeira orde no panorama internacional”, así como a imaxe gráfica, a web e as redes sociais co obxectivo “de promocionar unha cita ineludible” e achegar o Festival á xuventude.


Bases concurso grupos noveis XXX Festival
Intercéltico do Morrazo
FIM 2014 (Moaña, 25 e 26 de xullo)
Teranse en conta as formacións que cumpran as seguintes características:
– Bandas formadas por non máis de 6 integrantes.
– Repertorio baseado na música tradicional galega.
– Repertorio orixinal. Non serán admitidas versións.
– Non ter tocado con anterioridade no FIM.
Condicións:
– Non se aboará caché aos grupos noveis.
– Só será seleccionada unha formación novel (día por determinar).
– Este concurso pode ser declarado deserto se a dirección do FIM 2014 así o estima.
– O grupo seleccionado interpretará 30 minutos do seu repertorio antes da actuación do
grupo principal.
– Aboaráselle 400€ á formación en concepto de gastos de desprazamento e manutención.
– A formación aparecerá no cartaz oficial do FIM 2014 así como en todas as
comunicacións á prensa que se emitan dende a dirección do FIM 2014.
– Os equipos de son e luz, así como os técnicos, serán postos polo FIM.
– As formacións deberán adaptarse ás condicións técnicas que dispoña a dirección do
FIM 2014, que serán as mesmas que empreguen os grupos profesionais.
Envío de material:
– Enviaranse dúas maquetas do grupo á dirección: comunicacion.interceltico@gmail.com
en formato mp3 ou similar. Tamén existe a posibilidade de enviar ligazóns de vídeos
(youtube, vimeo...).
– Envío dun pequeno texto detallando o tipo de música do grupo, os e as integrantes e
outros aspectos salientables.
Dúbidas:
A través do correo electrónico e da nosa páxina de Facebook .
Data límite de entrega das maquetas:
- 6 de xullo de 2013 ás 23.59 horas.
Data de resolución do concurso:
- 7 de xullo de 2013
Xurado:
Dirección do FIM 2014.