OLGA BRAÑAS PITUSA SEMIFUSA



SOBRE O PROXECTO

O libro-disco, publicado dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas, ‘Pitusa Semifusa’, é una impresionante proxecto musical comandado pola pandereiteira folk e que pretende, ademais de ofrecer un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical, como é característico desta colección (onde xa viron a luz os traballos de Mamá Cabra, María Fumaça ou Pablo Díaz), aprenderlles aos nenos e ás nenas as familias de instrumentos.
Pitusa Semifusa é un proxecto para o que Olga Brañas se rodeou dos máis importantes músicos do panorama galego, dende Sérgio Tannus a Uxía, pasando por Xiana Lastra, Quim Farinha, Anxo Pintos ou Ramón Bermejo, entre outros. Entre todos eles argallan cancións que nos permitirán viaxar pola voz, os ventos, os metais, as cordas... nunha mestura musical e vocal diante da que ninguén quedará indiferente.
Unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás da man dunha cativa, Pitusa
Semifusa, cantareira e festiva.

SOBRE A AUTORA

Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte e ten o Grao Profesional en Piano. Estudou ademais harmonía e percusión. É de Ourense e vive en Santiago. Dende moi nova destacou como pianista e pandereteira.
Membro de Brañas Folk dende hai máis dunha década, onde deu mostras da súa habilidade xa non só como instrumentista senón tamén como compositora. Foi membro fundador de Folk Focus e da desaparecida Banda Tradicional de Gaitas Ourensá. Sempre di que leva compoñendo dende que ten uso de razón. No mundo da música, a súa traxectoria e inquedanzas levouna a colaborar cos músicos como Uxía, Sérgio Tannus ou Víctor Coyote… ‘Pitusa Semifusa’ é a súa primeira incursión na música infantil.





SOBRE O ESPECTÁCULO
Con instrumentos de xoguete, Xiana Lastra caracterizada de Pitusa Semifusa e Olga Brañas caracterizada da súa avoa directora de orquestra, irán explicándolle aos cativos aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertence cada un. Todo elo nun espectáculo participativo e teatral para cos pequechos e con algunnha coreografía sinxela para pasalo en grande.














LIGAZÓNS DE INTERESE
Podedes escoitar o CD en Spotify:
https://play.spotify.com/album/0bTVUTHm7dQiO3QOkSUQEi?play=true&utm_source=open.spotify.com&utm_medium=open

Ver algunha crítica sobre o traballo:
http://brabadegos.blogspot.com.es/2014/05/xa-podes-tocar-o-acordeon-e-non.html

Escoitar a entrevista en Racio Nacional (minuto 11,40):
http://www.rtve.es/alacarta/audios/informativo-de-galicia/informativo-galicia-01-05-2014/2540169/

Ou ver algunha noticia no telexornal da TVG, do día da presentación:

http://www.crtvg.es/informativos/pitusa-semifusa-un-libro-disco-para-que-os-mais-cativos-descubran-os-instrumentos-musicais-809584
http://www.crtvg.es/informativos/musicos-e-artistas-galegos-presentan-o-libro-disco-infantil-pitusa-semifusa-coa-editorial-galaxia-809808


Se todo isto vos gusta, podedes seguir as novas no noso facebook:
https://www.facebook.com/pages/Pitusa-Semifusa/649195471802162?fref=ts


http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=21749

http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=21749
Reportaxe, ben completa, que emitiu a Televisión de Galicia sobre a presentación do libro-disco PITUSA SEMIFUSA


CONTACTO
pitusasemifusa@gmail.com