Para escoitar SUB ROSA preme eiqui
Sub Rosa son:
Helga Blanco (sintetizadores, voz, programación)
Xalo Gayoso (sintetizadores, guitarra)
Pulpiño Viascón (batería electrónica e percusión)
VAGALÚ (2014)
Muros de son de guitarra, capas e capas de sintetizadores, voces falando máis aló da música; caixas de ritmos e toms salvaxes, distorsión, distorsión; un clímax que nunca chega e xa está aquí. Un disco feito dos retais de poemas de Ismael Ramos, Carla Carbatti ou Séchu Sende, e os debuxos de outros tantos artistas sen nome nos xornais. Feito coa colaboración de amigos músicos do selo Discos da Máquina, que puxeron os seus esforzos para que este disco fose unha realidade. Un disco duro, difícil de compoñer; un disco que son tres discos que nunca verán a luz. Un disco que pretende ser un disco, no vello sentido da palabra.
Temas:
1. Política de Bonobos
2. Psicópatas do Frac
3. Terrorista Animista
4. Cicatriz
5. Telúrica
6. Axolot
7. Bosa!
8. Mata ki te Rangi
9.Dopaminaria
Todos os temas compostos por Sub Rosa.
Gravado por Sub Rosa (agás temas 1 e 4) e mesturado entre Maio e Xuño de 2014 nos estudios A Ponte (Santiago de Compostela) por Tomás Ageitos.
Masterización: Doutor Chou.
Colaboracións:
LeRoi (Grampoder): Baixo en Política de Bonobos e Cicatriz.
Martin Wu (Grampoder): Guitarras en Política de Bonobos e Cicatriz.
Videoarte en vivo: Joan Espuny
Deseño gráfico: Joan Espuny Casas
www.joanespuny.com
Producido para : Discos da Maquina.
Contacto: subrosamusik@gmail.com