TROMENTELOS FOLK DE VELCRO

FOLK DE VELCRO

Dos muíños ao batedor. Un cuarteto de gaitas que acaba en folk de velcro.


Cantos xeitos hai de facer un arroz con verduras?


Ocórrensenos moitos. E cada un sabe distinto.


O arroz con verduras debe levar arroz e algunha verdura. Non hai máis regras. Cánto vai de cenorias e canto de tomates depende de cada un. Os pousos do arroz permanecen sempre, invariablemente.

Levamos anos entre os fogóns. Cociñeiros de recoñecido prestixio estiveron entre nós, artesáns doces e

espumadeiras alargadas deixaron a súa pegada particular na carta de pratos.

Nouvelle cuisine ou lareiras. Dicotomías ou mesturas. O ritmo da coción é inexorable, coma o tempo, e faise difícil non caer na tentación. Pero todo flúe, e resulta que os trigueiros se acoplan con naturalidade ao basmati. Que aofinal, todo é comida!

En todo caso, o importante é alimentarse ben.Bo proveito!

https://www.youtube.com/watch?v=IV6eYE3PrFc

TROMENTELOS - O ferreiro paspallás

https://www.youtube.com/watch?v=soA_pR-W7Lw

TROMENTELOS - Quero escoitar


Ingredentes:

Versatilidade, frescura, agrupación, mestura.

Velcro. A filosofía de mesturar e remexer. Non podía ser doutro xeito, sendo como somos un grupo heteroxéneo, de apertura de miras pero co peso da música de raíz baténdonos enriba.

A nosa composición atópase en calqueira mercado musical. A saber:

Gaita: o fío condutor, a orixe sobre a que se montan os temas.

Saxofón e clarinete: matizando melodías co vento.

Acordeón e baixo eléctrico: lousas harmónicas sobre as que descansa a nosa casa.

Guitarra eléctrica: a incorporación máis recente, buscando novas perspectivas.

Batería e percusións: o metrónomo que marca os tempos de cocción.

Voz: oralidade. Que non hai comida sen boca!


Temas de composición propia (Amarillo California) xunto a melodías tradicionais arranxadas

para a nosa formación (A Lúa). Temas que invitan ao baile (Strobando’g) xunto a melodías máistranquilas (O Ferreiro Paspallás).
















TROMENTELOS



Tras anos de experimentación, ao fin demos coa fórmula axeitada que expresa as nosas inquedanzas e que reflicte o noso gusto polo ecléctico. E sobre todo, que nos identifica como músicos galegos, facendo música galega. Con inclusións, pero cunha base moi clara e que aparece en todos os nosos temas. É un dos nosos puntos fortes, o sabor a música do País que queda despois de escoitarnos. O regusto dos sons propios.

Tromentelos nacen en Melide ( A Coruña) hai uns 10 anos, como quinteto de música tradicional galega. Co paso do tempo vanse incorporando novos instrumentos (saxo, guitarra, baixo, batería…) e o grupo evoluciona cara un estilo de música folk, conservando as súas raíces. Ao longo destes anos, a formación ofrece concertos por salas do ámbito local ao que pertence o grupo, fundamentalmente, e nalgunha outra da xeografía galega. Tras anos de experimentación, ao fin demos coa fórmula axeitada que expresa as nosas inquedanzas e reflicte o noso gusto polo ecléctico. Hai un ano Tromentelos acada o seu grao de madurez e comeza a gravación do primeiro traballo, “Folk de Velcro”. É neste pasado ano, en agosto de 2013, cando tamén ten a oportunidade de actuar no marco do Festival Intercéltico de Lorient (Francia), a través da empresa de turismo galega Turgalicia.

Un directo espontáneo e animado con cabida para momentos diferentes durante o concerto. Sazonar coa presencia do gaiteiro, a cordialidade das percusións, o bo humor dos ventos, un toque de morriña da cantante e … é o noso arroz á galega!

+ info

https://www.facebook.com/tromentelos.chispum

tromenteloschispum@gmail.com

Tlf. 686802102