XOQUI XOQUE, FIÚ FIÚ

FIUUUÚ! Partirvos de novo!

Velaquí outra vez a locomotora da alegría coas máquinas da vapor preparadas para novas risas e aventuras.

MARíA FUMAÇA ten, o covetustíbel preciso para atravesar vales e montañas: o voso alento.

0 alento dun nomerosísimo e xeneroso público que vos animastedes a subir ao noso tren. Nen@ss e grandes que agardastes pacientemente nas diferentes plataformas e apeadoiros, demostrando o voso entusiasmo e a vosa enorme complicidade con este proxecto global e común. Non podemos sentirnos mais satisfeit@s e máis felices pola participación e a  fermosa implicación de todas as persoas que formaban a nosa gran familia, asi como a de todas aqueloutras quese ineorporaron nesta última estación.

Por iso, se. esta nova aventura de MARIA FUMÇA, ademais de divertirnos, móvenos e conmóvenos ata facernos capaces  de imaxinar  un nundo sen barreiras fisicasm e mentais, no que as discapacidades sexan unhas das moitas diferenzas máis  que. enriquecen a nosa vida e  o noso planeta, sontiremonos afortunados e ditosos: coa sensación grata da misión cumprida.

Sabedes cal é o noso segredo? 0 máxico canto de Rui. Os seus ecos, os seus sons, a luz da súa voz, que nos lembra o ouveo dos lobos de Fole, son que nos emociona, nos anima e nos inspira para seguir viaxando, enchendo vagons, sumando novos amigos...

Lúa

https://www.youtube.com/watch?v=PWQwmtn4PUo

 https://www.youtube.com/watch?v=PWQwmtn4PUo

Xa na rúa XIQUI XOQUE FIÚ FIÚ! María Fumaça

https://www.youtube.com/watch?v=MCwrqr1vkWs

20 temas gravados por Isaac Palacin na casa de Rui,  nos días 22 e 23 de decembro de 2013 e masterizado nos Estudios A Miñoteira de Tui.

Os arranxos asi como a producción artistica son obra de Uxia e Sérgio Tannus.

Ilustracións de P. Pastor.

O libro-cd-Dvd foi publicado por sonárbore da Editorial Galaxia
Manola
Vídeo pertencente a XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça (Editorial Galaxia, 2014)
Realización: Cuchi Carreira
https://www.youtube.com/watch?v=01tIuTUc5Uw

O galo canta

https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w

 https://www.youtube.com/watch?v=GmTr3oMQd7w

MARÍA FUMAÇA



María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Serginho Sales,Magín Blanco, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle, e moitas amigas e amigos ... viaxan no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.

María Fumaça nace como unha idea de Uxía para agasallar a Ruí, o seu afillado, un neno marabilloso que ten unha discapacidade. Dende hai anos, polo nadal, unha morea de artistas amigos xuntábanse na casa de Ruí para agasallarlle as súas cancións, a súa alegría, e para facer entre todos esta gran festa da vida que é María Fumaça. Tamén móstrannos a todos que a diferenza, vivida con normalidade, amplía os nosos horizontes e fai o noso mundo máis grande.

O noso lema máis festivo: Cantar e bailar para ser máis feliz!!!!!!!!

Contratación:
Rosa Salgado rosasalgadogomez@gmail.com
639 35 08 79