BIRIBIRLOCKE GAÑADOR DO II CONCURSO DE GRUPOS EMERXENTES REVENIDAS

O GRUPO DE AMES BIRIBIRLOCKE GAÑADOR DO 
II CONCURSO DE GRUPOS EMERXENTES REVENIDAS
Biribirlocke compartirá escenario con grupos consolidados no panorama musical galego.

O Festival XI Revenidas, que se celebra en Vilaxoán na Ría de Arousa os vindeiros 22, 23 e 24 de agosto xa ten gañador do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas. O grupo de Ames Biribirlocke consolídase deste xeito coma unhas das bandas galegas de recente creación con maior proxección.

REVENIDAS
En total 27 actuacións e máis de 14 actividades de balde. Entre os grupos asistentes durante os tres días estan: Heredeiros da Crus, Diplomáticos de Monte Alto, Os Rastreros, Ulträqäns, DZ Selectors, Dj Crebinsky, Xurxo Souto, Pinto Herbón, Sés, Terbutalina, Dakidarría, Nao, Noite Fechada, Liviao do Marrao, Brigada A.M Soundsystem, La Familia Caamagno, Leo e Arremecaghona, Tandub, Borderline 79, Alpargata, Os Terribles de Arousa, Fanfarria Taquicardia, Bombo Tambor, Don Gelati Clow, Isabel Risco, Isla Letrisca Circo e Malabares, Alas Circo Teatro Aéreos, Peter Punk Circo, Alas Teatro Aéreos, Rodri Suárez coa presentación do libro "Non temos medo" ou a Feira Revenida.

 Info cos horarios dos concertos e actividades:
http://www.revenidas.com/web/horarios-do-revenidas/

Xa están a venda as entradas anticipadas. Os bonos en venta anticipada para os dous días de pago, venres e sábado, custan 18 euros. Podense adquirir por internet a través da web www.revenidas.com ou nos puntos de venda espallados por toda Galicia. O festival mantén a súa liña de concursos e premios para os seus fans nas redes sociais, facebook, instagram e twitter.

Máis info: http://www.revenidas.com/web/actividades-de-balde/
http://www.revenidas.com/web/horarios-do-revenidas/