O AQUEL DE AQUELAR


O AQUEL DE AQUELAR SON:

Lara: Voz e pandeireta tradicional, pandeiro, cunchas, latón, pandeireta de banda, morteiro, axóuxere e
triángulo
Mayte: Voz e pandeireta tradicional, pandeiro, cunchas, culleres e triángulo
Merche: Voz e pandeireta tradicional
Natalia: Compositora, voz e pandeireta tradicional, pandeiro, cunchas, culleres, latón, morteiro, peitoque e caixón
Noemí: Voz e pandeireta tradicional, pandeiro, cunchas, culleres, axóuxere e djembé

O Aquel de Aquelar xorde en 2012 na localidade barbanzana de Boiro, a partires dunha reunión de amigas que compartían a afección de tocar a pandeireta e cantar as pezas tradicionais galegas percorrendo os seráns de toda a comarca.


Na Primaveira do 2014 cando, tralo seu paso por Interritmos, a Asociación Deloa e a Fundación Paideia danlle a oportunidade de gravar o seu primeiro traballo discográfico no Estudio Mans da Coruña.
Este traballo que conten 14 temas que inclúen dende coñecidas cantigas populares ata composicións propias, pasando por algunhas curiosas versións de célebres pezas do panorama musical galego e nacional e leva o mesmo nome do grupo.
Agroma así o froito do traballo destas cantareiras que mesturan o tradicional cos ritmos modernos e experimentan con todo tipo de instrumentación e traballadas voces.




OUTRA + OUTRA
EDICIÓN 9 / 2013
Estudios Mans de A Coruña
Deseño: Trébore sl
Fotografía:
Alén Pérez (Fotos xardín)
David Muñiz (Fotos praia)

Contacto:
O Aquel de Aquelar
Telf.: 650 950 572 / 693 443 766
oaqueldeaquelar@gmail.com

mais info en :
http://oaqueldeaquelar.wix.com/oaqueldequelar
e no facebook:
https://www.facebook.com/oaquel.deaquelar