Os Premios Martín Códax da Música están promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo,
e nacen nun contexto que reborda creatividade musical pero adoece de
apoios, de recoñecemento, de visibilidade e dunha industria capaz de
facer rendible o inmenso potencial deste sector estratéxico, un sector
que, no caso de ser dimensionado –asunto nada sinxelo-, moi
probablemente se rebelaría como o máis produtivo e con máis potencial
para a cultura galega.
Os galardóns que propoñemos teñen, xa que logo, uns obxectivos que van moito máis aló da autocomplacencia e o autobombo dos músicos, para sumarse a esa idea de ‘facer país’ na que tantos axentes traballamos a diario. Estas son as principais metas dos premios:
RECOÑECER a creación, a diversidade e a calidade artística das producións musicais galegas. Revelar novos talentos da escena musical galega e achegar a música e o seu proceso de produción ao público.
FACER RENDIBLE O POTENCIAL DA NOSA MÚSICA. Músicos ao Vivo é consciente do tremendo potencial que a Música Galega ten. E temos presente que a enorme produción e creación musical da que gozamos en Galicia non chega a tódolos sectores da poboación tal e como debería. Músicos ao Vivo entende a música galega dun xeito aberto, universal e inclusivo, sen poñer cotas estilísticas ou doutra índole. Aí reside a nosa riqueza. Cremos que é momento de facer sentir a presenza do sector produtivo con máis potencial dentro da cultura galega, e de tirar del toda a rendibilidade que é quen de producir. Os premios axudarán a promover a música creada en Galicia non so dentro do país, senón tamén a nivel estatal e internacional, ampliando deste xeito a actividade económica deste sector no exterior.
FACER VISIBLE TODO UN SECTOR. Os Premios Martín Códax da Música darán visibilidade á Música Galega. Con carácter xeral, poñendo nos medios a todo un colectivo de creadores, a toda unha industria, e a toda unha comunidade comprometida coa cultura musical galega; e de xeito particular, resaltando 3 proxectos concretos por cada unha das 15 categorías premiadas, ademais da mención honorífica a toda a carreira artística de un/unha músic@ galeg@. Nesta Segunda edición, ademáis, nacen os Premios Organistrum, que premiarán á mellor Sala, ó mellor Festival, e ó mellor Espazo de Comunicación Musical. Os Premios Galegos da Música botarán luz sobre 45 proxectos musicais galegos actuais e en activo, garantindo así a transcendencia mediática e o potencial tan diverso da música galega, así como a súa tradución ao mercado musical do momento, tanto o discográfico como o da música ao vivo.

QUEN PODE PRESENTARSE AOS
II PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2014
Todo aquel proxecto musical galego que estea
vixente e en activo no ano 2014. Por proxecto musical galego entendemos
todo aquel grupo, solista, ou colectivo que teña a súa residencia
habitual e marco de actuación en Galicia. Se o proxecto en cuestión é de
fora de Galicia, deberán ser maioría os integrantes galeg@s, ou, polo
menos, o 50%. Nos casos en que o líder do proxecto sexa galegx, non será
necesario cumprir este mínimo do 50% de procedencia galega para o resto
de integrantes.Non será requisito imprescindible ter editado disco neste ano 2014, nin ter editado disco algún. Se ben a produción discográfica é algo que debe pesar e moito na traxectoria dun proxecto musical, estes premios pretenden valorar o feito musical ao vivo, independentemente do traballo discográfico.
Os Premios Martín Códax da Música van dirixidos a tod@s @s músic@s, polo tanto, non é necesario ser soci@ de Músicos ao Vivo para presentarse a estes Premios.
CATEGORÍAS
Os proxectos que opten aos Premios Galegos da Música, deberán ser inscritos para competir nunha das seguintes categorías.- Mellor Proxecto Musical Galego de Pop e Indie.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Rock.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Blues, Funk e Soul.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Metal.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Canción de Autor.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Hip Hop e Músicas Urbanas.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Reggae, Ska e Mestizaxe.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Electrónica.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Música Clásica e Contemporánea.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Jazz e Músicas Improvisadas.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Música Tradicional Galega.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Folque.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Músicas do Mundo. (Flamenco, MPB, Músicas Balcánicas, etc...)
- Mellor Proxecto Musical Galego de Música Infantil.
- Mellor Proxecto Musical Galego de Orquestras, Grupos e Músicas de Verbena.
PREMIOS ORGANISTRUM. O Organistrum é un instrumento do que temos constancia pola súa presenza no Pórtico da Gloria. É anterior mesmo ó propio Martín Códax. Sabemos del que eran necesarias dúas persoas para facelo sonar, debido ó seu gran tamaño. Con esta imaxe queremos rendir recoñecemento ós cómplices imprescindbles dos músicos e músicas.
Axentes presentes no noso sector musical, na nosa Industria, no feito cultural mesmo. Como mostra, este ano, os Premios Organistrum serán 3.
- Mellor Sala.
- Mellor Festival.
- Mellor Espazo de Comunicación Musical.
LÍMITES E INCOMPATIBILIDADES
Só se poderá inscribir o mesmo proxecto nunha soa categoría.Non poderán participar nestes Premios tódolos proxectos que utilicen nas súas actuacións e/ou espectáculos, playbacks, falsos directos, ou músicos de figuración.
Non será posible retirar o proxecto inscrito, unha vez comezadas as roldas de votacións.
Naquela categoría na que non se inscriban un mínimo de 5 candidatos quedará anulada.
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
A Inscrición dos participantes será libre e gratuíta, e farase polos propios artistas, grupos, ou músicos integrantes do proxecto, a través da web: www.premiosmartincodaxdamusica.comOBRIGATORIO: Haberá que aportar unha imaxe, unha pequena descrición e dous audios. Os audios poderán aportarse de dúas formas. Ou ben compartindo o enlace dos audios vía Soundcloud, ou ben subindo dous mp3 á web.
OPCIONAL: Tamén se poderá acompañar un vídeo do proxecto vía Youtube ou Vimeo, así como os propios sites e webs do proxecto.
PREMIOS ORGANISTRUM: As salas, festivais e espazos de comunicación musical terán que subir un logo ou imaxe corporativa, un texto explicativo, e as ligazóns que consideren oportunas. Webs, videos, reseñas, etc... Ás salas e ós Festivais, ademáis pedímoslles un mínimo de 3 fotos e un máximo de 6.
VOTACIÓNS E PROCESO DE SELECCIÓN D@S PREMIAD@S
Os socios e socias de Músicos ao Vivo serán os encargad@s de votar en dúas quendas. Para facerse soci@ de Músicos ao vivo, só tes que ser músico e asociarte en www.musicosaovivo.comNunha primeira rolda de votación escolleranse aos 3 finalistas de cada Categoría. Esta votación será online e privada a través da web www.premiosmartincodaxdamusica.com. A cada soci@ seralle facilitado un código persoal de acceso a dita web no momento en que se inicie o período de votación. Para que a votación sexa válida, cada soci@ deberá completar como mínimo a votación a 5 das 15 categorías.
Nunha segunda e última quenda, os socios e socias de Músicos ao Vivo escollerán ós premiados e premiadas de entre @s tres finalistas de cada Categoría. Comunicaranse @s Premiad@s o día da Gala dos Premios Martín Códax da Música, o 17 de Decembro de 2014.
Nas dúas quendas de votación, valorarase a posición dos proxectos escollidos, como 1º, 2º, e 3º, como sistema de ponderación por puntos para favorecer os desempates.
CALENDARIO
MÉRCORES 24 DE SETEMBRO. Ábrese o prazo de inscrición dos proxectos.LUNS 20 DE OUTUBRO. Comezo da Primeira rolda de votacións. Escolleranse aos 3 finalistas de todas as Categorías.
MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO. Comunicación pública dos Finalistas. Iníciase a segunda rolda de votacións. Escolleranse aos Premiados de cada Categoría.
MÉRCORES 17 DE DECEMBRO. Celebración da Gala dos Premios Galegos da Música.
DEREITOS E OBRIGAS DA XUNTA DIRECTIVA
A Xunta Directiva de Músicos ao Vivo, como promotora e responsable dos Premios Martín Códax da Música velará en todo momento pola transparencia do proceso, así como pola súa participación e comunicación. Así mesmo, resérvase o dereito de modificar e adecuar estas bases, así como de exercer como xuíz á hora de dirimir calquera conflito que xurda durante o proceso.Podedes seguir as novidades do certame en:
http://www.facebook.com/Premios.Galegos.Musica
https://twitter.com/prmartincodax
https://www.premiosmartincodaxdamusica.com