Os Mc Arróns preséntanse ao vivo pola Semana Santa do ano 96. Por aquela eran un grupo de moitos que xurdiron ao rebufo do rock bravú e do Xabarín club. Neste primeiro concerto saltarían ao esceario cunha formación de tres guitarras eléctricas e punto, algo así como o Leo multiplicado por tres. A falta de pericia suplíana con moito morro. Pero había que conseguir un batería e un baixista como fose. Un par de meses despois volvían ao escenario xa con batería. A primeira formación con batería foi a seguinte: Quique (guitarra e voz), David (guitarra solista), Anxo (guitarra) e Caio (batería). Versions de Green day, Bad Religion... E un feixe de temas propios compoñian o seu repertorio daquela. Pronto se convertirán nunha especie de "fenómeno social" no pobo, xa que nunca antes a xuventude esteirana puidera disfrutar dun grupo local de Rock. Gran prix de Carrilanas do ano 1996: Esta é probablemente o acontecemento mais importante na historia do rock esteirán. Se ben xa se sabía duns rapaces que se dedicaban a facer ruido polos bares da zona, esa noite todo Esteiro os podía ver riba dun escenario con luces, moitos watios e toda esa parafernalia que adorna o rock de verbena. Ademáis para a ocasión estrenan baixista, Xulio. A banda está completa e con medio pobo no campo da festa dan o que ainda hoxe é recordado cómo o mais grande concerto de rock vivido neste recinto. Histórico. Logo sucederíanse máis concertos, sempre pollo concello de Muros, convertidos nun clásico nos pubs da zona. Foi a época mais doce en canto a seguidores. Poco durou, no inverno do 97 Xulio ten que deixar a banda por motivos laboráis. O grupo vese obrigado a reinventarse. Quique, o cantante saltarín, que nunca collera un baixo, pasa a tocar as catro cordas (sendo xustos diremos que con dúas bastábase). Pásanse meses encerrados no local de ensaio ata que Quique vaia collendo soltura na arte de cantar e tocar o baixo á vez, ademáis conforman un novo repertorio cada vez mais rápido, cada vez máis alto. As influencias do hardcore que tan tolo ten a Quique cada vez son máis visibles. Todos coinciden que a nivel creativo esa foi a mellor etapa da banda. No verán chegan os concertos, pero o público esteirán recibe con frialdade as novas cancións, demasiado ruido, non se entendía nada... Etc.Eles sieguen ao seu, se a xente de Esteiro non lle gusta haberá que buscarse a vida fóra. Buscan estudio o de gravar, selo onde editar, locales onde entendan a música que tocan agora: versions de minor threat, eskorbuto, ramones...etc e temas propios de hardcore da vella escola con letras en galego. Sempre en galego. Ata chegaron a facer unha versión de minor threat en galego. En setembro do 99 métense a gravar oito temas nun estudio, estes temas serán os que conformen unha maqueta en k7 editada polo selo compostelán Lixo Urbano.
Era o momento de chegar a tocar en festivais punks, de que a maqueta soase en radios livres... Etc. Nada, nin unha cousa nin a outra, en xuño do 2000 coincidindo coa presentación da maqueta, o grupo dá o seu último concerto. No Malibú, en Esteiro, no mesmo pub que os vira nacer, na súa casa. Ese día ninguén sabía que aí se acababa a traxectoria da primeira banda de rock de Esteiro, da primeira banda de hardcore punk da zona. Hoxe Esteiro está no mapa do rock gracias a Terbutalina, pero poucos saben destes pioneiros, quizás non foron os mellores pero sí os primeiros nunha época na que internet, bandcamp, eBay...etc era unha entelequia. O legado dos Mc Arróns manteñeno Terbutalina (tres dos seus compoñentes son de Esteiro e tocaron con Quique nalgunha ocasión), Trapos sucios (Caio, guitarrista, era o batería dos Mc Arróns). Quique seguiu tocando tocando, cos Jaibreakers (punk rock nunha onda supersuckers, gluecifer...) e posteriormente con Jiménez los santos (garaxe lo fi, co gurú do galician bizarre Rafa Anido, Cris Iribarne e Jrucho The). Actualmente ten uns temas gravados inéditos baixo o nome de Romano Sión.
Mais ou menos este é o resumo da nosa historia, no Youtube alguien subiu o audio das cancións da maqueta. Buscando "Mc Arróns som feliz" deberían salir.
Agardamos que en breve Lixo Urbano cree un band camp de os Mc Arróns e outros grupos gravados no seu selo.
Agradecementos a :
Lixo Urbano Portada e Copia da maqueta
Xulio Montes fotos no Pub Malibu en Esteiro
Chicho Sibilio texto.

