GOLFIÑOS Te, Chocolate, Cafe




Música para os más pequenos , 
música para os corazóns máis grandes.



Neste libro cd atopareces cantigas de moitos estilos diferentes para que os pequenos disfruten acompañados das súas familias, dun son único en cada tema.

Son catorce cantigas onde atoparemos a un peixe moi mentireiro, á bruxa Brita que nos quere converter nun crocodilo, á fermosa Rosiña a que lle encanta viaxar en cabalos de cores, tamén poderás xogar as adiviñas e moitas sorpresas que atoparás en cada melodía ao longo deste disco.

Nesta ocasión Golfiños fixo unha autoproducción moi caseira. Grabamos nos estudios Xoanelo, que realmente é a vodega de Pipo e Bea os papás do Golfiño Josiño que foi o técnico de son e quen fixo tamén as misturas.

Os personaxes apercen dibuxados nas fermosísimas ilustracións que ten este conto tan axeitado para nenos e nenas de cero a sete anos.


Para facer este cd contamos coa colaboración dos golfiños máis musicais.
Begoña Riobó - violín
RoiAdrio - percusións do mundo mundial, agás no tema “Durme Negriño”
Guillerme  Ignacio (Quempallou) - Voz do peixe salmonete
Beatriz de Cea  - voz no tema “Durme Negriño”
José Liz Rodríguez “Pipo”  - bombo legüero e outraspercusións no tema “Durme Negriño”
Jorge Guzmán – guitarra manouche
Carlota e Xoán - voces de nenos
Todos os arranxos musicais feitos por Golfiños.
Ilustracións: Carlota Liz e Elena Paz
Maquetación e deseño: Simón Agulla
Revisión lingüística : Maribel Alonso

Impresión: Gráficas Anduriña
ISBN    978-84-616-9715-1
Depósito Legal  BI/661/2014
Editae distribue:  Gestión Cultural


GoLfiÑOS somos Elena Paz, Xosé Liz e Diego Paz
Golfiños ten dous espectáculos de teatro musical onde cantan as cancións deste traballo, acompañadas de coreografias moi divertidas onde os pequenos e pequenas son o eixo principal . Un leva o título do libro cd “Té, chocolate, café” e o outro “A selva” .

"Golfiños naceu un outono de hai moitos anos, e aínda que este é o seu primeiro disco eu teño a sorte de escoitalos dende sempre.
Golfiños é a voz melodiosa e única de Eli que fundida cos acordes máxicos de Josiño fan que te namores e viaxes máis alá. No camiño apareceu Diego cos seus dedos delicados e aportou un aire novo e fresco.
Golfiños é traballo, experiencia e constancia, un bo saber facer, un xeito de amar a música.
Golfiños exerce un poder máxico sobre min e sobre quen os escoita que fai que xa non podas deixar de facelo nunca máis.
E agora, por fin, un disco para que todos gocedes destas marabillosas cantigas. 

Comparto con vós este tesouro que tiña agochado dende hai anos: GOLFIÑOS. "

                                                                                    ANDREA BAYER


Imaxes do espectáculo “Té, chocolate, café” no auditario do Concello de Vigo









Vídeos:

Video promocional do espectáculo e cd “Té, chocolate, café”

https://vimeo.com/97412979


Cinco Patiños no Auditorio do Concello de Vigo (Son en directo)

https://vimeo.com/97422331


Brubribré no Auditorio do Concello de Vigo (Son en directo)

https://vimeo.com/97444910







DATOS de CONTACTO


Beatriz Liz
Gestión Cultural 617317532 / 886163096

Mail: golfofedellos@gmail.com
web: www.golfiños.com
blogue: www.golfofedellos.com