ROCHI NOVOA MULLER DE PAPEL

MULLER DE PAPEL é o novo traballo da poeta ourensá Rochi Nóvoa. Trala boa acollida do seu libro FARRAPOS DE BONECA ( 2014), Rochi Nóvoa (Sobradelo, Xunqueira de Ambía) ofrécenos unha nova mostra do seu bo facer coma unha das novas voces da poesía en galego.

Recurrindo unha vez máis á autoedición, como xa fixera nos seus dous anteriores libros de poemas, desta vez o sistema elexido foi o crowfunding, cunha campaña lanzada a través da plataforma ITH, coa que se acadou o obxectivo de recadación en apenas dez dias.

A súa poesía, na que a autora di que “cuspo e reflicto todo o que non digo”, vese acompañada doutras disciplinas artísticas. E para iso rodease da compaña de artistas de diferentes disciplinas, para que aportaran cadansúa visión particular dos seus poemas.
Partindo dos versos de Rochi Nóvoa Vázquez, comezan a emerxer as acuarelas predominantes na cor lila de Chús Láuzara (imaxe esquerda "a miña lingua"), as cancións de Antonio I.Fernández, Servando Barreiro, Nacho Martinez, Dani Soldevilla e Castor Pérez Casal xunto con José Luís Pérez Cruz, que fan que as letras collan vida.

Non podemos deixar de lado a importante visión fotográfica de Orenxebre Fotografía, Roberto García Sánchez e Pepe Escano no camiño poético visual onde predomina o branco e negro.

Manolo Pipas,escritor aparece para darlle o primeiro pulo na soleira, como trobador que é.

Este conxunto de poesía, música e artes gráficas ven recollida nun formato que escapa da estética habitual dos libros de poemas, e é que a obra ven presentada nunha caixa que contén unha serie de 32 láminas nas que podemos ver no anverso a interpretación que fan os artistas gráficos dos poemas que podemos ler no reverso das mesmas.

Asimesmo, e facendo un aceno ás novas tecnoloxías, podemos acceder ás adaptacións musicais dos poemas mediante un codigo QR situado nas láminas dos elexidos polos músicos, que tamén aparecen recollidos nun CD que contén a mesma caixa.

En canto á súa poesía, Rochi Nóvoa ofrécenos desta vez un conxunto de poemas que escapan da oscuridade do seu anterior traballo, pero que non esquecen tocar temas que están presentes dende sempre na súa obra: o amor, o desamor, a crítica social e a súa terra, Galicia, sempre presente na súa vida e nos seus textos.
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2013/12/rochi-novoa-muller-de-papel.htmlmuller de papel


se fora unha muller de papel
poderias escribirme
pregarme, gardarme
lerme
e facerun avion de batalla

se fora unha muller de papel
poderias facer unha paxariña
e quiarme coa túa voz
polo labirinto da tua cabeciña

...





https://www.youtube.com/watch?v=uBixeFVncTQ#t=12


Muller de papel pretende ser algo máis que unha escolma de poesía, música, arte e fotografía, pretende ser unha exposición aberta , poética e musical.


ROCHI NÓVOA:

COS PÉS NA TERRA E A ALMA NA LÚA (2009)
FARRAPOS DE BONECA (2014)
MULLER DE PAPEL (2015)

OLIAN (blogue de Rochi Nóvoa): http://rochinovoavazquez.blogspot.com e
soundcloud/mullerdepapel