LYDIA BOTANA DE AQUI PARA ALA


O libro conta a historia dunha bolboreta que viaxa polo mundo buscando algo que poida facer feliz ao seu amigo Gali, un neno africano que a protexera cando ela estaba indefensa rematando a súa metamorfose nunha póla dun baobab.

Saimos de África e viaxamos por tódolos continentes, mostrando as distintas tradicións, bailes, música, instrumentos, fauna, flora…tratando de espertar o interese pola música e as culturas doutros lugares valorando a diversidade e por suposto, respectándoa.


Veremos as distintas emocións polas que pasa a protagonista decatándose finalmente de que cada nova experiencia musical da súa viaxe en busca da felicidade quedara reflictida nas súas ás, en forma de cores! Grazas á súa amizade e a súa música, Bolboreta conseguirá facer feliz ó seu amigo.

Esta historia representa dalgún xeito que a felicidade non está só na fin, senón na forma de facelo camiño, coa música sempre coma compañeira de viaxe, nunca nos sentiremos sós, sempre cara adiaste.


O libro editado por Cumio consta de de 57 páxinas ilustradas a man por Roy Dosil, onde están tódalas partituras, con letras e melodías, das 13 cancións que conforman o disco. No final do libro hai un sumario con tódolos instrumentos que soan neste libro-disco e as letras completas das cancións.


O disco está gravado íntegramente por Lydia e conta cun par de colaboracións estrelas nalgunhas cancións coma seu pai Vitín na guitarra eléctrica, Xabier Díaz de Berrogüeto nas percusións, Javier Cedrón ex de Luar na Lubre ao violín, Guilhem Lacadée trompetista de Manu Chao e Pedro Lamas de Susana Seivane, Budiño, etc. ao saxofón soprano. O disco está composto po 26 cancións: 11 cancións orixinais da autora máis 2 arranxos dunha obra clásica de J.Brahms e unha canción tradicional balcánica, hai 12 cancións con karaoke e unha pista de 25 minutos onde Lydia canta e conta a historia a modo de audio-conto. Soan cancións variadas de estilo africano, jazz, rap, samba, reggae, ska, son cubano, clásica, oriental, tradicional balcan e galego, pop e incluso poesía.


Ademáis, no disco vai incluído un documento que consiste nunha unidade didáctica con actividades para aproveitar máis o valor educativo do libro: actividades sinxelas para realizar na casa ou na aula sobre a procedencia dos 37 instrumentos que soan neste disco e que vemos ilustrados, como se tocan, a qué familia de instrumentos pertencen algúns, en que tipo de música adoitan aparecer, un pouco de educación auditiva sobre qué xéneros musicais escoitamos en cada canción…e logo un pouco de xeografía, flora e fauna con moitas cores de por medio. Veñen as respostas tamén aparte nese documento.



Lydia Botana, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña.
É a batería e acordeonista de Labregos do tempo dos Sputniks, forma parte da Banda Fura Fura e colabora nos directos de bandas coma La Pegatina con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Canteca de Macao, Konflikto, Dakidarria, Dios ke te crew, Chimango, Zënzar, Desorden Público (Venezuela), Baokas 46, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo… Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo, Xabier Díaz…

MÁIS INFO EN: 

http://lydiabotana.com/

CONTACTO:

lydiabotana@hotmail.com