Na cidade olívica realizou estudos de imagem e publicidade e logo começou a trabalhar para produtoras importantes do audiovisual galego. Precisamente, na atualidade trabalha como técnico em audiovisuais.
O autor de Chove iniciou-se no mundo da música como locutor do programa de Hip Hop «O2» da Rádio Redondela e, anos mais tarde, como artista musical com o grupo Nubes de Pedra, com que lançou o álbun titulado Claroscuro.
Apareceu no primeiro álbum da discográfica galega Língua Nativa com a cançom «Para sempre calar», junto artistas de Portugal e Angola, entre outros países.
Thomas Dylan é fundador do coletivo de Hip Hop viguês Verso Libre, no qual para além de artista musical desenvolve a sua faceta de videomaker.
Chove é un álbum de Hip Hop nacido en 2014 que vira entorno a un concepto audiovisual creado por Thomas Dylan –vocalista–, Frank aka “Genio en la Sombra” e 2Pas0s –productores–, Ichi –dejaay– e Javi H –fotógrafo–. O disco contén 10 cancións gravadas nos estudios de Verso Libre. ilustradas con fotografías que foron tomadas o longo do último ano por Javi H. Ademáis, o proxecto ven documentado con vídeos tocando en directo empregando sintetizadores, procesadores de efectos, pratos, durmpads, etc.
O álbum foi manufacturado en Mood Studios –Madrid– editado en vinilo e CD, polo colectivo vigués Verso Libre e a discográfica galega Língua Nativa o dia 1 de setembro de 2015.
Temas:
01 Nada que dicires
02 Fortes cadeas
03 Aventura permanente
04 Sangue [con Frank]
05 No medio
06 Subindo polas pernas
07 Chove
08 Para sempre calar
09 Insectos [con Cándido]
10 Lume lento
"A
imaxe do disco de chove, formulouse como un proxecto a longo prazo onde
a relación entre o fotógrafo e o artista é fundamental para entendela.
Formulado o concepto do disco, Javi H (fotógrafo e director de arte do
proxecto) e Elena Diez (directora de arte do proxecto) decidiron apostar
por unha idea global de imaxe de carácter persoal moi próxima ao
artista, un proxecto artesanal onde tódolos detalles fosen en
consonancia coa obra. Fotógrafo e artista retomaron a súa amizade para
durante un ano documentar de forma realista ou metafórica o concepto do
disco e das cancións.
As
200 unidades de Chove están feitas a man, un duro traballo que
poderedes apreciar se vos facedes cunha copia. Todas as accións
realizadas de forma manual apoian Chove. Cada portada coa súa respectiva
interacción achegan a poder palpar a choiva. A edición especial inclúe
un pequeno fotolibro onde as imaxes retratan cada canción facendo que o
oínte poida entrar na dimensión visual das mesmas."
Podedes escopitar e descargar os seus temas desde a paxina de lingua nativa
http://linguanativa.com/thomas-dylan-chove/
Para máis info: http://www.versolibre.net/#!thomas-dylan/cemi
CONTACTO thomasdylan.hg@gmail.com