LUCIA PEREZ
Digocho en Galego (2010)
O cuarto disco, dos seis que piolo de agora conforman a carreira de Lucia Pérez, titulouse “Dígocho en galego”, e constou de de doce cancións entre as que se atopaban algunhas xa publicadas nos anteriores discos, e tamén versións dos principais temas da sua carreira traducidos a sua lingua natal o galego.
Como novidade inclue unha canción nova adicada a O Incio, localidada na que naceu.
Lucía colaborou activamente na composición deste disco, sendo coautora da letra de “O Incio” e facendo versións en galego incluidas nel.
Asemade fixose unha versión, especialmente impresionante pola sua sinxeleza, do Himno de Galicia.
O tema “estrela” do disco é a canción “Torres de Compostela” adicada ó Camiño de Santiago, nunha nova versión que conta coa colaboración especial de Bieito Romero, lider do grupo “Luar Na Lubre”.
Letra de canción de Torres De Compostela de Lucia Perez
Hai un camiño no ceo, hai un camiño de estrelas
E hai ó final un destino que ó lonxe te espera
Levántate, peregrino, que o horizonte clarexa
E homes e mulleres e nenos xa seguen a lúa estela
Que o corazón faga chamas se a túa esperanza fraquea
E que a túa fe che de alas para que andar non te venza
E que se Deus o permite véxa-lo ceo na terra
Cando os teus ollos divisen as torres de Compostela
Que o corazón faga chamas se a túa esperanza fraquea
E que a túa fe che de alas para que andar non te venza
E que se Deus o permite véxa-lo ceo na terra
Cando os teus ollos divisen as torres de Compostela
E que se Deus o permite véxa-lo ceo na terra
Cando os teus ollos divisen as torres de Compostela
O disco foi producido por Chema Purón, e contou na técnica con Bori Alarcón.
Lista de canciones
1 Torres De Compostela
2 Amarás Miña Terra
3 Se Eu Non Son
4 Adiós Rios, Adiós Fontes
5 A Ver Se Aprendo
6 O Inicio
7 Quien Te Crees Que Eres
8 Cruzo Os Dedos
9 Non Podrei Darche As Grazas
10 Este Amor É Teu
11 Queda Moita Vida
12 Himno Galego
Máis info en:
http://www.luciaperez.net/index.php