O grupo radicado en Barcelona esta composto por:
Aina Godoy
Vicky Longa
Miquel Gené
Nat González
Aimar Espinet
Antonio Dorado
Mesturar o pop coas raíces tradicionais, o catalán co galego, Alemaña con Barcelona, a II Guerra Mundial coa actualidade. Por que non? Manuela Kant é o proxecto musical dun grupo de músicos e amigos que, despois dun longo percorrido tocando en diferentes formacións, decidiron unir as súas experiencias e influencias para atopar unha nova identidade.
Exèrcit d'amants(2015)
En decembro de 2015 veu á luz o segundo disco de Manuela Kant titulado Exército de amantes.
Contén 12 cancións nas cales, a través de personaxes ficticios ou reais, profundan en temas filosóficos que ratifican aínda máis o seu particular universo cheo de reminiscencias culturais. Así, o tema que dá nome ao disco fai referencia ao diálogo “O Banquete” de Platón no cal cada un dos seus invitados ofrece a súa opinión sobre o amor. Si formásese un exército no cal todos os soldados fosen amantes, converteríase no exército invencible. Con esta idea, Manuela Kant preséntase como un exército non violento formato por batería, baixo, teclados, guitarras, percusións e dúas voces, que pretende transmitir que o amor e a palabra son a mellor vía para conseguir as cousas.
Aí ven
Exèrcit d'amants
Rosana
Gegants sobre l'asfalt
En Sevilla
Pregària en dos temps
Sota les branques
Potser la nit
Fuxen
Dins els gots
Manuela Kant
Son d'Arousa
Manuela Kant é unha banda de contrastes. Harmónica e agresiva, mestura o folclore, a música americana, o pop e o rock progresivo. Si o primeiro disco podía lembrar ao pop rock dos 90, este é máis americano e roquer, sempre seguindo o fío que marcan as voces dos seus dous cantantes e letristas, Vicky Longa e Aina Godoy.
Entre o seis compoñentes do grupo, a través de letras escritas en catalán, galego ou castelán, construíron un mundo baseado en nomes propios, reais ou imaxinarios. No primeiro disco, os protagonistas eran Cristina de Suecia do século XVII, o pintor romántico William Turner ou o corredor Kilian Jornet. No segundo pódese atopar a Manuela Kant, a principal musa do grupo; a un camioneiro solitario por estradas poeirentas
; a Rosana e a súa fuga noutro país, ou a unha asasina camuflada no folclore sevillano.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Capítol pilot (2014)
País de lladres
Cristina de Suècia (o la història d'un crim)
Veig com
El so del cim
Tras da calada
Que hi ha algú?
Vértigo en el gimnasio
A Lau (lelelo)
Fins ara
Tràiler
PODEDES ESCOITAR MANUELA KANT NO SEU BANDCAMP:
https://manuelakant.bandcamp.com/album/ex-rcit-damants
CONTACTO:
manuelakantbcn@gmail.com