Laura Lorenzo - Voz
Joana Marcè - Flauta
David Fernández - Guitarra
Àlex Rodríguez - Violoncelo
Carles Mesa - Percusión
O Val das Mouras é una formación afincada en L'Hospitalet de Llobregat.
O Val das Mouras é una formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no libro Follas Novas. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron á muller galega e ao emigrante, ao mariñeiro e ao aldeán… E nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto.
A xustiza pola man (2017)
A formación pop-folk de raíces atlánticas O Val das Mouras presenta o seu segundo traballo discográfico, ‘A xustiza pola man’
, un disco máis ecléctico e reivindicativo que o anterior,onde a banda segue a pór música aos poemas de Rosalía de Castro.
A xustiza pola man recolle 10 poemas escritos hai máis de 130 anos pero que tratan temas tan actuais como a desigualdade social, a emigración, o abando no da terra ou a frustración. Coa súa elección, O Val das Mouras pretende render a súa pequena homenaxe a todas aque las persoas que sofren as inxustizas da sociedade na que vivimos.
A nivel musical, manteñen a formación orixinal de voz, guitarra, frauta,violonchelo e percusión, pero engaden gaitas, instrumentos de orixe galega, acordeón e teclados. Ritmos de xota, muiñeira, pop ou ska mestúranse neste novo disco que segue a conservar a esencia folk que os caracterizou dende o primeiro día.
O Val das Mouras ¿POR QUE?
https://www.youtube.com/watch?v=x8khvOd6LWw
O Val das Mouras DIREDES
Música: O Val das Mouras
Texto: Rosalía de Castro
Rosalia (2016)
" ROSALÍA é o noso primeiro disco, é un ano das nosas vidas. É unha viaxe, un soño, unha promesa. Once cancións que se afunden na terra coma raíces, que destilan choiva e mar, que bailan ao son das campás afastadas azoutadas polo nordés. Once pedras centenarias, once murmurios, once miradas sinceras. Once cantos de esperanza, once queixas ao vento, once certezas. ROSALÍA somos nós, ROSALÍA é e será sempre ela."
O Val das Mouras Pra a Habana
DULCE SONO
https://www.youtube.com/watch?v=jQDvQi8k8h0
CONTACTO:
ovaldasmouras@gmail.com
Máis información en:
www.ovaldasmouras.com
www.facebook.com/ovaldasmouras
www.twitter.com/ovaldasmouras