Volven The Homens para un único concerto,
o 12 de xuño na Sala Capitol, Compostela
O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde a súa marcha dos escenarios hai catro anos.
A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers.
As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda.
Esta é a primeira reunión de The Homens desde que en 2011 decidiran suspender por tempo indefinido a súa carreira. Para a ocasión, o grupo repasará cancións dos dous EPs (#1, do 2005; e #2, do 2006) e dos
dous discos longos (Tres, do 2007 e Cuarta potencia, do 2009) que publicaron. Soarán tamén temas das súas contribucións a discos colectivos e de homenaxe.
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2011/06/homens.html
O público pode axudar á banda a escoller o repertorio elixindo as súas cancións favoritas a través dun formulario online ao que se accede a través deste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1tRu_lWL-UETLu8GEV0O-j2emZugtM7URtTTROPgcsf4/viewform
ORGANIZA COLABORA
THE HOMENS +
THE LOST OMELETTE MAKERS
12 de xuño de 2015 - 21.00 h.
Sala Capitol - Santiago DC
Anticipada: 8€ / Billeteira: 10€
Venda de entradas en Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda
facebook.com/thehomens
thehomens.bandcamp.com
thehomens@gmail.com