ALBA MARIA

ALBA MARÍA naceu en 1995 nas Palmas de Gran Canaria. Até alí levou a familia o seu pai, daquela traballador dos asteleiros vigueses, e alí naceu e pasou os primeiros anos da súa infancia. A música canaria arrolouna nestes primeiros anos e aínda conserva ese legado, mais sería a súa avoa a que a animou ao canto. Estudou música no CMUS de Vigo e participou en diversos certames de poesía e improvisación, sendo unha destacada poeta e regueifeira. En 2013 comeza os seus estudos de canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e en 2014 preséntase e gaña o I Concurso de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo.

Aínda’. Editado pola Central Folque e
gravado entre o Local de Nsaio de Calo (Teo) e os Estudios Gourmet Sound da Coruña, a cantora contou coa colaboración da Central Folque,  que puxo tamén ao seu dispór a colaboración de diferentes artistas coma Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos Freire (percusións) e outros da talla de Pedro Pascual e Óscar Fernández...

Oito temas compostos en letra e música por Alba María.cos arranxos de José Manuel Díaz.

Uns temas que parece que sempre estiveran aí, sorprendendo moito a  madurez dunha muller tan nova.

Naturalidade, xuventude e temáticas de xénero están presentes nos textos das cancións.
O disco está distribuido por Inquedanzas Sonoras.e se pode mercar nos puntos de venda habituais, ou a través da web http://artistas.folque.com/alba-maria/. de A Central Folque.

Temas extraidos do album Aínda (aCentral Folque, 2014)

https://www.youtube.com/watch?v=tnewcJihF7Y

Alba Maria "Cabaleira" videoclip

 https://www.youtube.com/watch?v=tnewcJihF7Y


https://www.youtube.com/watch?v=0MAvCRYq5ls

Alba María - Albas Perdidas

https://www.youtube.com/watch?v=VfeH0tekIBE

Alba María - Habaneira de Berlín
https://www.youtube.com/watch?v=VfeH0tekIBE



CONTACTO:
Olga Nogueira +34-669661781 
promotion@folque.com