Ilustracións da portada de Maurizio A. C. Quarello
Este libro-CD-DVD é un diálogo a tres bandas entre a música, a literatura e as artes plásticas. A partir dunha selección de contos de distintos lugares do mundo, tanto de autor, como tradicionais, e en combinación con diferentes estilos musicais: bossa nova (O Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll, soul, gospel ou cantos africanos, créase por primeira vez un fondo musical galego. Con el preténdese achegar os máis pequenos, a outras culturas, a través da nosa, e que aprendan a valorar e compartir este rico patrimonio musical, co que ademais se poden divertir.
Á parte de no CD, a música, a literatura e as artes plásticas están presentes no soporte libro, que contén as imaxes dos contos orixinais e as letras das cancións. Os 13 temas do CD ábrennos por riba, un amplo abano de posibilidades para o traballo de aspectos lingüísticos, musicais e emocionais, con nenos de infantil e primaria: karaoke, xogos, dramatizacións, danzas sinxelas…
As cancións están interpretadas pola voz solista de Almudena Janeiro, acompañada por guitarras, frauta, tambores, congas… e tamén por outros instrumentos máis accesibles para os nenos, como cascabeis, claves, pau de choiva, chocas… nun intento por axustar o ritmo á procedencia das historias. Así que, os cativos terán aquí unha boa ocasión para afinar o oído e probar a discriminar sons, melodías… Seguro que non a desperdiciarán.
Autora e intérprete: Almudena Janeiro